Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Monte Seixo e Portela do Alén

O Monte Seixo, dacabalo entre a Lama e Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nos zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas. Hai casos como o de Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.

A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rocosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.

En Portela do Alén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a "portalén"de norte a sur, e despoís gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.

Información

Dirección

Serra do Canso, Cotobade
36856 Pontevedra

Aceso

Aceso dende a Rúa Lugar da Cima

Info útil

...

 

Como chegar á Porta do Alén

Código QR

qr cotobade portela do alen

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.47311221727831
Lng: -8.383257486755383

Coordenadas por grados (DMS):
42°28'23.5"N
Lng: 8°22'59.9"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.