Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Igrexa de San Martiño

03 igrexa de san martino

A primitiva igrexa románica foi moi reformada nos anos 1673 e 1859 , segundo consta na parte externa dos muros. Consérvase tamén unha cruz de entrelazados sobre un carneiro de pé, situado no muro testeiro do prebisterio.

No interior consérvanse dous pares de columnas de entregos con base de perfil ático, e de garras nas esquinas. Os capiteis son moi chamativos. O primeiro, ó norte, ten dúas aves, e o segundo duas grandes follas. O primeriro capitel do sur ten unhas cabezas humans e tres grandes leóns, e o segundo, tamén con decoración vexetal. Tivo que ser antes da remodelación unha fermosísima igrexa romántica de finais do SXII.

No adro, e pola banda dereita, atópase un cruceiro que presenta base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, no que se finca nunha vara cilíndrica estriada ó longo, con doce sucos e un colar na parte alta, que se prolonga nun cilindro no que aparecen en relevo diversos símbolos da Paixón e Morte de Xesús Cristo, entre os que identificamos unha esdcaleira de man de tes chanzos, cáliz con hostias por riba, látego, espada por debaixo, adobiado de varias molduras.

Audioguía da Iglesia de San Martiño

Descargar audioguía da Igrexa de San Martiño

Información

Dirección

Vilaboa
36142 Pontevedra

Aceso

Estrada AP-9 e desvío ata Concello de Vilaboa

Info útil

Igrexa parroquial posiblemente de finais do século XII

 

Como chegar á Igrexa de San Martiño

Código QR

qr vilaboa igrexa san martino

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.359193
Lng: -8.638877

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 442°21'33.1"N
Long: 8°38'20.0"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.