Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 01 a calzada ponte caldelas
  • 02 area arqeuologica tourón
  • 03 rio verdugo ponte caldelas
  • 04 iglesia santa eulalia
  • Percorre as ribeiras do Río Verdugo, e goza das súas fervenzas, pasos e bosques de ribeira

  • Visita a Área Arqueolóxica, e sorpréndete cós espectaculares gravados en pedra da idade de bronce dos petróglifos de Tourón

  • ¿Sabías que en Ponte Caldelas está a Praia da Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de España?

  • Invitásemoste a coñecer o rico patrimonio artístico e natural de Ponte Caldelas

Paseo e Praia Fluvial de A Calzada

A Praia Fluvial de Calzada ten 250 metros de lonxitude e recibe uns 250 visitantes de media ao día no verán. Trátase dunha zona de baño formada por unha presa de pedra nun bosque de ribeira de bidueiras, castiñeiros e carballos que recibiu a única bandeira azul fluvial de España .

O mellor xeito de achegarse a Calzada é paseando desde o centro da vila. Dende a ponte que cruza o Río Verdugo en Ponte Caldelas, parte un pequeno paseo de menos de 900 metros que percorre a ribeira do río ata chegar á Praia. O paseo conta con iluminación, un coidado mobiliario urbano, e unha senda que percorre o río. A escasos minutos andando pola senda localízase a praia fluvial da Calzada, que ocupa un amplo lugar de esparexemento con mais de 250 metros lineais de ribeira de río.

A Calzada conta con todos os equipamentos para pasar un día inesquecible: aguas limpas e cristalinas, cualificadadas como excelentes na tempada 2015, con zonas de baño especializadas, para adultos e nenos e mesmo para animais, e dous parques, un parque infantil e outro biosaludable. Conta tamén ten un bar e un merendeiro. Tal é a calidade dos seus servizos que foi recoñecida coa primeira bandeira azul fluvial de España.

Outra das opcións para chegar e mediante vehiculo, pois compre destacar o grande aparcadoiro do lugar.

Audioguía da Praia Fluvial de A Calzada

Descargar audioguía da Praia Fluvial de A Calzada

Información

Dirección

Río Verdugo
36820 Ponte Caldelas
Pontevedra

Acceso

Aceso rodado para vehículos ata a mesma praia, amplio parking.

Info útil

Dispón de aseos, duchas, merendeiro e bar.

 

Como chegar a Praia da Calzada

Código QR

qr ponte caldelas calzada praia fluvial

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.39098878904635
Lng: -8.491538070238436

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'28.31"N
Lng: 8°29'29.13"O

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.