Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 01 a calzada ponte caldelas
  • 02 area arqeuologica tourón
  • 03 rio verdugo ponte caldelas
  • 04 iglesia santa eulalia
  • Percorre as ribeiras do Río Verdugo, e goza das súas fervenzas, pasos e bosques de ribeira

  • Visita a Área Arqueolóxica, e sorpréndete cós espectaculares gravados en pedra da idade de bronce dos petróglifos de Tourón

  • ¿Sabías que en Ponte Caldelas está a Praia da Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de España?

  • Invitásemoste a coñecer o rico patrimonio artístico e natural de Ponte Caldelas

A Vila de Ponte Caldelas

En Galicia a auga forma parte da paisaxe, pero se nalgún lugar iso é determinante é, sen dúbida, na vila de Ponte Caldelas. Moi coñecida como vila termal, as súas rúas e prazas teñen un engado especial de casco urbano pequeno pero coqueto no que chama a atención o nobre das construcións, e a pegada da emigración nas casas de indianos.

O seu nome suxire mananciais de augas minerais, pontes, presas... pois recibe o seu nome da ponte e das súas augas termais. Esa personalidade de vila termal amosase na tranquilidade da vila nos paseos da ribeira do Verdugo, ou na Alameda, que se enche de animación o día de feira en Pontecaldelas, dúas veces ao mes, os días 5 e 20, así que é un bo lugar de reunión para veciños de concellos limítrofes.

Ademais de posuír excelentes recunchos, prazas e xardíns en Ponte Caldelas destacan edificios emblemáticos como o Pazo de Dona Sofia, a Casa Consistorial , as casas de indianos, e o rexio edificio da antiga cárcere do antigo partido xudicial de Ponte Caldelas, hoxe convertida en Casa da Cultura

Existiu un balneario, do que pouco máis queda que o recordo, aínda que está en marcha un proxecto para impulsar outra vez o termalismo na vila. Pero máis alá do termal, o fluvial exprésase noutro elemento fundamental en Ponte Caldelas, as pontes. A romana, que en realidade foi construída a finais do século XVI, e na que no ano 1809 librouse unha batalla contra o exército do mariscal Soult, e a de madeira, que é peonil e recente.

A calquera que se dea un paseo pola vila, chamaralle a atención a abundancia de mostras de arquitectura colonial. As casas de indianos testemuñan o forte impacto da emigración na zona, que se concentrou, fundamentalmente, en México e Brasil, como mostra a a Casa de Méndez, e a vivenda chalet "Los molinos" entre outras. En bo estado de conservación, a súa color, e os detalles que as adornan poñen unha nota de exotismo nun casco urbano pequeno pero coqueto.

Audioguía de Ponte Caldelas

Descargar audioguía da Vila de Ponte Caldelas

Información

Dirección

Avenida Galicia, 17 Ponte Caldelas
36820 Pontevedra

Aceso

Coller a Estrada PO-244, ata o desvío de Ponte Caldelas.

Info útil

...

Como chegar a Vila de Ponte Caldelas

Código QR

qr ponte caldelas a vila de ponte caldelas

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.390804
Lng: -8.503168

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'26.9"N
Long: 8°30'11.4"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.