Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 01 a calzada ponte caldelas
  • 02 area arqeuologica tourón
  • 03 rio verdugo ponte caldelas
  • 04 iglesia santa eulalia
  • Percorre as ribeiras do Río Verdugo, e goza das súas fervenzas, pasos e bosques de ribeira

  • Visita a Área Arqueolóxica, e sorpréndete cós espectaculares gravados en pedra da idade de bronce dos petróglifos de Tourón

  • ¿Sabías que en Ponte Caldelas está a Praia da Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de España?

  • Invitásemoste a coñecer o rico patrimonio artístico e natural de Ponte Caldelas

Os Pasos da Fraga

pontecaldelas pasos da fraga

Desde a estrada de Ponte Caldelas cara á Lama pola PO-532, preto dun coto moi frecuentado por pescadores, atópase un dos lugares máis fermosos do Verdugo. Trátase dunha encrucillada fluvial formada por unha serie de antigos pasos ou poldras nos que persoas e reses atravesaban o río outrora: os Pasos da Fraga.

Para acceder aos "pasos" é necesario coller PO-532 dende Ponte Caldelas cara á Lama e tomar unha desviación indicada como Pasos da Fraga, que descende cara ao Río Verdugo. Desconcerta un pouco ao chegar ao final pois ollamos o río, pero despois tócanos percorrer un fermoso camiño amurallado entre carballos e perderse polas ribeiras do Verdugo e os regatos arredores.

Para chegar ata A Fraga hai que atravesar primeiro o Rego dás Costiñas, onde atopamos uns pasos moi antigos que continúan ata os do Río Verdugo. Estes conservan intacta a súa forma orixinal e mostran unhas grandes pedras desgastadas polo paso durante séculos da xente que atravesaba o río. Un pouco mais adiante veremos os que cruzan o Verdugo. Estes tiñan mais extensión pero foron reformados.

Un dos elementos que mostra a pasada importancia desta encrucillada fluvial é o peto de ánimas coñecido co nome de "Almiñas do río". O peto, de dous corpos, presenta un retablo de madeira policromada que representa a San Antonio liberando as almas do Purgatorio, e ten un pedestal que sostén unha cruz de ferro.

Información

Dirección

Rio Verdugo s/n
36820 Pontevedra

Aceso

...

Info útil

...

Como chegar aos Pasos da Fraga

Código QR

qr ponte caldelas os pasos da fraga

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.392974
Lng: -8.464407999999999

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'34.7"N
Long: 8°27'51.9"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.