Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 poio imagen aerea
  • 01 poio mosteiro san xoan
  • 02 poio combarro
  • 04 poio petroglifos caeira
  • 03 poio praia de cabeceira
  • Vista aérea do Concello de Poio

  • Mosteiro de San Xoan

  • Hórreos de Combarro

  • Petroglifos de A Caeira

  • Praia de Cabeceira

Separado de Pontevedra pola ría e unido polas súas pontes, Poio parece a primeira vista unha prolongación da capital da provincia. Pero non o é. Enmarcado polas augas do Lérez e ría de Pontevedra, este belo concello  combina a paisaxe mariñeira co rural e urbano.

O Mosteiro de San Xoán de Poio é sen dúbida un dos maiores atractivos deste municipio.  O magnífico Claustro Procesional de corte renacentista con fermosas bóvedas estreladas, claves e ménsulas figuradas e  fonte e  o seu Claustro da Portería (Claustro das Laranxeiras), datado na primeira metade do s. XVIII, e a igrexa monástica ben pagan a visita.

O patrimonio rupestre é o contrapunto do patrimonio relixioso, e tamén e visita obrigada a Area Arqueolóxica da Caeira, un lugar onde atopamos máis dunha véntena de gravados e petróglifos, tes dos cales teñen a a distinción de Monumento Histórico Artístico: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.

Pero Poio é tamén unha luxosa antesala á ruta turística das Rías Baixas. No Centro de Iniciativas Turísticas do Casal de Ferreirós pódennos axudar a deseñar un percorrido polo Poio máis interesante. Comezamos, como non á beira de ría. Porque a súa costa é o seu principal atractivo. Vinte quilómetros de excelentes praias, algunhas conservan o aspecto máis natural, outras manteñen un xenuíno sabor mariñeiro.

A nosa primeira parada é en Lourido, case unida a Cabeceira, de feito teñen un aspecto moi similar. Moi diferente é a Praia de Campelo cun pequeno porto pesqueiro que está considerado o máis interior de ría de Pontevedra, e ten fama notable pola súa festa, a Festa da Ameixa.

Seguindo a liña costeira chegamos xa á xoia do municipio. Combarro é unha das vilas pesqueiras máis fermosas de Galicia, e foi declarada  Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco.  A arquitectura popular e hórreos son o seu principal atractivo, hainos en cada recuncho. Ten máis de trinta, e chámanos palleiras, porque os máis antigos cubríanse con palla.

Poio caracterízase por combinar os encantos da costa cos atractivos interiores. Así que convén achegarse a Samieira, onde as ruta dos muíños xunta esas as dúas caras. 

Próxima ao monte está a parroquia de Raxó, aínda que esta destaca máis como centro de veraneo. Unha extensa praia, de augas tranquilas e azuis, con paisaxe mariñeiro, fan as delicias de todos os turistas.

Xiorto é unha praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, áchase separada dá praia de Raxó por un breve sainte. Orientada cara ao sur, resgardada dous ventos, Xiorto é perfecta para recalar nun paseo pola ría de Pontevedra. Tamén é Azul a Praia de Cabeceira, unha praia en forma de media cuncha, de area branca e fina. Situada ás beiras dun bosque de piñeiros, está resgardada dous ventos, e ofrece augas tranquilas propicias para gozar do baño

Audioguía de Poio

Descargar audioguía de Poio

 

Centro Histórico de Combarro

00 combarro horreos beiramar

Situado fronte á illa de Tambo,  o Centro Histórico de Combarro, é visita obrigada para todo aquel que se achegue a coñecer Poio.

O visitante non pode perderse o encanto deste pobo mariñeiro, que polo seu feitizo foi nomeado Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco en 1972

Seguir lendo

Praias de Poio

poio playas

Nos 20 quilómetros das costas de Poio podemos atopar praias das máis variadas características; semiurbanas como Xiorto, Campelo ou Sinás, rurais como Laño, ou en contornas forestais como Cabeceira ou Lourido. Todas elas destacan pola calidade das súas augas e servizos, como amostran as sete declaracións de excelencia das súas augas ou as dúsa bandeiras azuis acadadas no 2015.

Seguir lendo

A Festa do Mar

festa do mar

Ten lugar en Combarro a finais de agosto. Nela o mar convértese en protagonista durante unha semana.

Seguir lendo

Casal de Ferreirós

poio casal de ferreiros

Seleccionar os atractivos turísticos segundo o que che apeteza facer, con quen veñas, ou en que época do ano, é algo que de seguro resolverán de forma amable os técnicos da Oficina de Turismo de Casal de Ferreirós, unha antiga casa grande emprazada a beira da PO-308 no lugar de Andurique que constitúe un lugar de referencia para os viaxeiros que percorren Poio, Combarro e as Rías Baixas.

Seguir lendo

Casa de Colón

A partir dos traballos de Celso García de la Riega, son numerosos os estudos que acreditan unha familia Colón vencellada ao mar, e a Moureira, o barrio do comercio marítimo de Pontevedra onde se construíu a nave capitá Santa María, bautizada "A Galega”. Esta familia de orixe italiano estableceuse en Porto Santo, lugar onde se alza a Casa Museo Cristóbal Colón, un moderno edificio e dúas casas rehabilitadas que foron propiedade da familia Colón na idade media que amosan un percorrido sobre a teoría do Colón Galego.

Seguir lendo

Ruta dos Muiños da Freixa

00 muinos da freixa

A Ruta dos Muíños da Freixa percorre o tramo final do Regato de Cancela, na parroquia de san Xoán, onde un total de sete muíños dan sentido histórico e cultural a visita desta fermosa zona natural.

Seguir lendo

Mosteiro de San Xoán de Poio

Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1970, o Mosteiro de San Xoán de Poio é un dos máximos expoñentes da arquitectura da comarca, tanto pola súa antigüidade e excelente estado de conservación, como pola súa valía artística. Por este motivo a súa visita resulta imprescindíble para todos os amantes da historia e da arte.

Seguir lendo

Festa da Ameixa de Campelo

Poucos saben que a lonxa do pequeno pobo de Campelo, en Poio, ostenta o liderado en canto a facturación en bivalvos das rías galegas. Toneladas de ameixa babosa, fina, rubia, babosa e bicuda extraídas da ría de Pontevedra pasan pola súa pequena lonxa e abastecen en fresco a toda España, e está claro, á súa festa máis representativa: a Festa da Ameixa de Campelo, que exalta a ameixa babosa, unha das especies máis saborosas das catro variantes que se recollen nas costas de Galicia.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.