Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 costa de marin
  • 01 praias de marin
  • 02 praias de marin
  • 04 granxa de briz
  • 03 petroglifos de mogor
  • Percorrer o litoral de Marín achegarse á natureza, gozar de augas cristalinas e abraiarse co azul e verde do mar!
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Marín ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Pero Marín non é so praias. Sabías que na Granxa de Briz podes visitar un singular parque dos sentidos?
  • Tamén é lugar de referencia na arte rupestre, e podes vistar os famosos petróglifos de Mogor na beira do mar.

Templo Vello e casco antigo

Coñecida outrora como Nosa Señora de Oseira, a primitiva igrexa construíse no século XXII debido ao establecemento do Mosteiro de Oseira en Marín en 1151. A igrexa, que foi levantada sobre unha roca, tivo numerosas reformas ata acadar o actual aspecto barroco en 1739.

En 1603 comeza a súa reconstrución, pasando a ser Igrexa Parroquial, en 1661. En 1703 sofre unha nova reforma que incorpora a actual capela maior,  e en 1739 engádeselle o campanario incorporando os novos elementos barrocos presentes na actualidade.

No seu interior chama a atención a cuberta de bóveda de crucería. Alberga seis retablos de estilo barroco (s. XVIII) e neoclásico (s. XIX), destacando os tres situados no cruceiro. No exterior, a través dunha escalinata accédese á fachada, co típico frontón e porta adintelada do XVIII. Acolle no testeiro escudo de Oseira.

Esta situada na Praza do Reloxo, no corazón da zona vella de Marín. A zona vella ten as súas orixes no medievo. Antes del século XII, Marín estaba limitada a un pequeno número de vivendas illadas na beira do mar nas marxes do Río Barazal.

Co paso do tempo foise edificando un núcleo urbano formado por vivendas de pescadores que forman un conxunto de interese patrimonial ao engadirse as mesmas, algunha de máis porte, como a chamada Casa dás Irmás Fontenla, e outras pertencentes aos corsarios ao servizo do rei.

A historia de Marín esta moi vinculada ás patentes de corso. Destaca entre os corsarios, D. Xoán Gago de Mendoza, natural de Aguete, localidade onde se atopa hoxe o seu pazo, o Pazo de Chirleu. Pero moitos outros que tiñan actividade similar estableceron tamén a súa sede en Marín.

 

Información

Dirección

Rúa da Costa s/n.
Marín
36900 Pontevedra
Tel. +34 986 83 81 17

Acceso

Está no centro de Marín na Praza do Reloxo

 

Como chegar ao Templo Vello

Código QR

qr marin a granxa de briz

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.39254658576321
Lng: -8.703412775671381

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42° 23' 33.168'' N
Lng:  8° 42' 12.285'' O

Etiquetas: marin, templo vello

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.