Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 costa de marin
  • 01 praias de marin
  • 02 praias de marin
  • 04 granxa de briz
  • 03 petroglifos de mogor
  • Percorrer o litoral de Marín achegarse á natureza, gozar de augas cristalinas e abraiarse co azul e verde do mar!
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Marín ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Pero Marín non é so praias. Sabías que na Granxa de Briz podes visitar un singular parque dos sentidos?
  • Tamén é lugar de referencia na arte rupestre, e podes vistar os famosos petróglifos de Mogor na beira do mar.

Que visitar en Marín

O máis destacable para o turismo que chega a Marín son as súas praias de fina area, que se estenden desde a vila de Marín ata o concello de Bueu. Areais de con bandeira azul, e certificación EMAS, distintivos de excelencia para unhas praias acalmadas de augas cristalinas de cor esmeralda situadas en contornas naturais de grande beleza. A primeira, a de Portocelo, está a pouco máis dun quilómetro do centro urbano. A ela chégase atravesando un fermoso paseo marítimo. A Praia de Mogor atópase a uns 600 metros da anterior, e nela é obrigado facer unha vista aos seus famosos petroglifos, os Labirintos de Mogor, que gozan dunha área arqueolóxica perfectamente acondicionada e dun Centro de interpretación.

A Praia de Aguete é un areal rodeado de abundante arborado que conta cun pequeno porto deportivo, e o Club de Mar, que ofrece cursos de vela nas instalacións do Porto Deportivo. A praia "Dos namorados", pequena e recolleita, está logo da Punta da Moa. Completan a relación de areais, A Praia de Loira , no pobo mariñeiro do mesmo nome, e o conxunto que fan a Praia de Santo do Mar e A Coviña. Para rematar a Praia de Lapamán, compartida con Bueu, que é  tamén bandeira azul.

Pero Marín é máis que praias. O casco urbano de Marín tamén merece unha visita para ver o Museo Manuel Torres ou pasear polas súas curtas e estreitas rúas e Prazas como a Praza do Reloxo, a Praza de Abastos e as rúas Real e Echegaray, ademais de interesantes barrios como o de Cantoarea. Pero son sen lugar a dúbida a Alameda, co seu Palco da Música e os seus magníficos xardíns, e o anovado Parque de Briz, cun engaiolante Parque dos Sentidos, os lugares preferidos para o paseo de veciños e visitantes.

Si gustas do turismo activo Marín pode ser un dos teus lugares preferidos. Neste concello esta situado o Ecoparque de Marín, o mais relevante de Galicia. Ademáis durante todo o ano é posible facer distintas rutas tanto polo monte como a beira do mar. As máis interesantes son a Ruta dos Cinco Miradoiros, unha ruta circular que amostra o mellor desta vila, e o Sendeiro Azul Ruta das Praias, cun carril bici ao longo de todo percorrido, aínda que tamén hai outras para camiñantes expertos como a do Monte Penizas.

O chamado Templo Vello, no casco vello, na Praza do Reloxo,  e as igrexas románicas de Santa María do Campo, e de Santo Tomé de Piñeiro son os elementos máis destacables da arquitectura relixiosa do concello.

Praias de Marín

marin praia 2

O Concello de Marín é o primeiro concello en Galicia en dispor da certificación EMAS de xestión medio ambiental para as súas praias. Un distintivo de calidade que recoñece a unhas praias de auga cristalina e area fina nas que a cor verde da natureza mestúrase co azul do ceo tinguindo de esmeralda ao mar.  Son Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, A Coviña, e Lapamán unha escolma do mellor das Rías Baixas.

Seguir lendo

Ruta do Monte Penizas

marin ruta monte panizas

Marín ofrece aos fans do trek, sorprendentes alternativas para o sendeirismo. Unha delas é a Ruta do Monte Penizas que permite camiñar polo interior do concello, divisar a ría e a illa de Tambo desde o alto, e coñecer o beleza da contorna dos Muiños do Loira.

Seguir lendo

Praia de Portocelo

playa de portocelo

Praia rectilínea, de area dourada combinada con pequenas pedriñas, situada nun ámbito urbano, nas proximidades do núcleo de Marín. Comunicada coa praia de Mogor por un paseo que transcorre baixo a sombra de piñeiros e eucaliptos.

Seguir lendo

Praia de Mogor

playa de mogor

Praia en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada nun entorno semiurbano, nas proximidades da praia de Portocelo. Caracterizada polo seu recollemento e as súas augas quedas e temperadas.

Seguir lendo

Praia de Lapamán

playa de lapaman

Praia en forma rectilínea, coa area máis branca e fina de todas as praias do municipio. Situada nun ámbito forestal, á dereita da illa de San Clemente e contigua á praia de Santo do Mar. Caracterizada polas súas augas tranquilas, cálidas e cristalinas, ideais para gozar do baño. Con zona de fondeo de embarcacións e bo equipamento.

Seguir lendo

Festa da Cigala de Marín

festa da cigala marin

Sen dúbida, unha das feiras gastronómicas máis populares das Rías Baixas, é a denominada Festa da Cigala, que ano tras ano fai medrar o número de visitantes que se reúnen na Praza do Regueiro, xusto á entrada do porto, co obxectivo de degustar este delicioso crustáceo.

Seguir lendo

Labirintos de Mogor

Propoñemos un bo plan para o visitante: pasar un fermoso día na praia de Mogor, e rematar o día cunha achega aos seu famosos petróglifos, contemplando a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto baixo a atenta mirada do mar no solpor.

Seguir lendo

Praia de Santo do Mar

playa del santo

Praia en forma rectilínea, de area branca e fina, combinada con cantos rodados. Situada nun entorno rural, a Praia do Santo está caracterizada polas súas augas quedas ideais para gozar do baño.

Seguir lendo

Praia de Loira

playa de loira

Praia en forma rectilínea, de area dourada e fina, situada nun ámbito semiurbano. Nas súas inmediacións poden contemplarse as construcións típicas dun porto mariñeiro, con vivendas representativas da arquitectura popular costeira, pintadas de branco, de dúas plantas, con balcón corrido e voado sobre ménsulas de madeira ou pedra.

Seguir lendo

Praia de Aguete

praia de aguete

Ampla praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, augas tranquilas, dotada de bo equipamento e situada nun ámbito semiurbano.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.