Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Lugares
  • Cerdedo - Cotobade

O municipio de Cerdedo -Cotobade encóntrase na bisbarra de Terras de Pontevedra e a a tan só 22 km. da capital. Pódese considerar a Cotobade un lugar moi rico en canto a patrimonio, tanto polos restos arqueolóxicos, os seus espazos naturais, ou pola arquitectura que acharemos neste municipio.

Cerdedo-Cotobade conserva na parroquia de San Xurxo de Sacos, un importante conxunto de grabados rupestres entre os que destacan Os petroglifos de Fentáns. O conxunto acolle multiples estacións que supoñen unhas 300 piedras gravadas, ainda que son tres as rocas más destacables: a Pedra dás Ferraduras¸ a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro, tres estacións de gran importancia arqueolóxica que permiten facer unha ruta case circular partindo de las cercanías da Ermita de Lixó. Tamén son especialmente relevantes os complexos rupestres localizados na parroquia Viascón donde se atopan as estacións de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Dos espazos naturais destacan dous principalmente, un o río Lérez, que forma parte da fronteira oeste e norte do municipio e polo leste a Serra do Cando. Uns e outro permiten permiten atractivas rutas de senderismo e bicicleta de montaña (BBT) . O Lérez e a sua cunca aportan a Cotobade un importante patrimonio natural,  cultural e etnográfico onde salientan os bosques de ribeira e frondosas autóctonas, como a Carballeira de San Xusto, zonas balneares como os Baños de San Xusto, e numerosos muiños e pontes medievais, entre os que salienta a Ponte de Pedre.

No tocante ao patrimonio construído, compre destacar a Igrexa de Santa María de Sacos, romanica, e a importante pegada do barroco que ofrece mostras tan elaboradas como Igrexa de Augasantas, ou as de Almofrei, Borela, Carballedo, Rebordelo ou Valongo, asi como a presenza na contorna de Cerdedo de notables conxuntos etnográficos como son os "eirados" ou conxuntos de hórrreos.

 

Audioguía de Cotobade

Descargar Audioguía Visitar Cotobade

A Cruz do Castro

cruz do castro

A Cruz do Castro é un outeiro situado en Carballedo, no que se asenta un xacemento arqueolóxico da Idade do Ferro e da Época Romana Tardía, formado por varios recintos fortificados e distintos elementos etnográficos e construcións de arquitectura popular, entre os que salienta un muiño de vento, o Muíño de Vento de Laredo recentemente restaurado.

Seguir lendo

Os Gravados rupestres de Fentáns

O concello de Cotobade alberga numerosos gravados rupestres. Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados. Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro.

Seguir lendo

Peto de Ánimas de Famelga

14 peto animas de famelga

Peto de Ánimas de Famelga está coroado por unha cruz, con dous pináculos aos lados. Ten por diante un pequeno pórtico cuberto para non se mollar. Ao fondo, e protexido por unha reixa | rella de ferro con fecho, atopa o retablo de madeira policromada.

Seguir lendo

Os Petroglifos de Viascón

terras 0009 cotobade viascon portela da laxe 03

Cotobade conserva numerosos restos prehistóricos, como mámoas, castros e petroglifos. Os máis destacados -ademáis dos de Fentans- son os complexos rupestres localizados na parroquia de Viascón onde se atopan os gravados rupestres de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.