Labirintos de Mogor
Propoñemos un bo plan para o visitante: pasar un fermoso día na praia de Mogor, e rematar o día cunha achega aos seu famosos petróglifos, contemplando a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto baixo a atenta mirada do mar no solpor.
Os Labirintos de Mogor constitúen a mostra máis representativa de petróglifos no municipio de Marín. Situados en Mogor, fronte á praia que leva o mesmo nome, atopamos un pequeno centro de interpretación e unha senda que une as tres pedras deste conxunto: a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto, con sete composicións circulares que relacionan as tradicións rupestres atlántica e mediterránea.
Ao pé da estación atopamos un Centro de Interpretación, onde se nos explica a importancia desta manifestación de arte rupestre. Durante o verán o Centro organiza visitas guíadas.
Audioguía dos Petroglifos de Mogor
Descargar audioguía dos Petroglifos de Mogor
Información
Dirección
Barrio Perez Crespo, 95
A Barriada, Marín
36911 Pontevedra
Acceso
En bici pola via ciclista. En vehículo pola estrada PO-1303 dende Marín.
Info útil
O centro Arqueolóxico de Mogor ten plataformas de paso para unha mellor visualización dos petroglifos.
Como chegar aos Labirintos de Mogor
Código QR
Usa a nosa xeoguía
Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.
Coordenadas
Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.385526
Lng: -8.718229
Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'07.9"N
Long: 8°43'05.6"W