Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Festa do Mar

embarcacions tradicionais

Terras de Pontevedra é interior e é costa, é terra e é mar. A Festa do Mar ten precisamente como obxectivo principal realzar o patrimonio marítimo de Galicia. Esta celebración é unha das máis senlleiras do municipio de Poio, e ten lugar no mes de agosto na vila mariñeira de Combarro, de sempre profundamente ligada ao mar.

A tradición mariñeira de Combarro vén de lonxe, séculos de historia patentes a través dun xeito de vida que, aínda que algo modificado, chega até os nosos días, e que se pode apreciar, entre outros aspectos, a través da rica gastronomía da zona, a base dos mellores produtos traídos do mar polos mariñeiros que coñecedores das artes de pesca, levan o mellor peixe a terra para o goce dos máis exquisitos padais.

Tradición, música e gastronomía forman parte desta festa tan atractiva tanto para as xentes locais como para os foráneos, que aproveitan para pasar un bo rato mentres coñecen os costumes locais á vez que proban as exquisiteces da ría de Pontevedra xunto aos magníficos viños galegos e outras excelencias gastronómicas da zona non menos apetecíbeis por non proceder do mar.

A feta ten distintos apartados. A Feira de Mostras Mare abrangue ademais varios stands promocionais intimamente relacionados co mar, o turismo, as artes de pesca, a artesanía...

No apartado musical, tradición e modernidade mestúranse nunha magnífica oferta que vai desde a música e bailes tradicionais ou vencellados ao mar como a Mostra da Canción Mariñeira  ata  espectáculos con artistas nacionais e internacionais.

Por último os Encontros de Embarcacións Tradicionais aportan a oferta etnográfico dunha festa feita desde e deica o mar. Dornas, bucetas ou galeóns,  que non son doados de ver na actualidade, son recuperadas para tomar novamente as augas e realizar exhibicións de navegación tradicional a vela, que nos permiten lembrar na compaña dos mariñeiros máis lonxevos sensacións e experiencias case esquecidas.

Neste eido xoga un importante papel o Clube Mariño 'A Reiboa', asociación que traballa no desenvolvemento de actividades culturais e deportivas. A súa principal finalidade é precisamente a posta en valor da cultura marítima tradicional e do seu patrimonio etnográfico, a través da restauración, construcción e recuperación das distintas tipoloxías de embarcacións tradicionais que utilizaban os mariñeiros das nosas costas (galeóns, bucetas, dornas...).

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.