Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Petroglifos de Outeiro de Codeso

Outeiro de Codeso. Laxe 2

Foto: Outeiro de Codeso, Laxe 2. Xesús Rodríguez Castro.

En agosto de 2006, coa vaga de incendios, no monte veciñal de Perdecanai no cumio dun outeiro chamado “o outeiro codeso”, a queima da vexetación desvelou unhas laxes con gravados sen catalogar. Por sorte ás laxes cos gravados non lles afectou directamente o lume por estar a ras do chan, e o outeiro permite hoxe a contemplación de catro laxes con motivos circulares.

Descrición Técnica

 As laxes están no cumio dun outeiro “o outeiro codeso” cuberto de pedras graníticas moi aqueladas pola utilización dos penedos como canteira. Preto do cumio pola súa ladeira oeste atopamos un conxunto de tres laxes situadas a ras do chan con gravados circulares. Trátase de laxes moi irregulares planas situadas unhas a carón das outras. No ano 2010 descubriuse unha cuarta situada preto do conxunto anterior.

Laxe 1

A primeira situada mais ó norte no punto mais alto do conxunto é a mais interesante polo número e calidade dos gravados. Lixeiramente soterrada na súa parte mais baixa con dúas combinacións circulares. Unha con dous círculos concéntricos (27 e 10 de diámetro) e outra conformada por outros tres círculos concéntricos (31 , 19 e 11 ). Trazos de sección en “U” ben aberto e con profundidade entre 1 e 3 .

Laxe 2

E a mais pequena das tres laxes, con forma lixeiramente triangular con dúas combinacións circulares das que destaca un motivo o oeste e debuxa dous semicírculos círculos concéntricos de 20 e 15 de diámetro abertos ou desmantelados cara o leste. A segunda combinación ó leste conformada por dous semicírculos concéntricos de 20 e 11 asemade abertos cara u oeste.

Laxe 3

Contigua a primeira laxe polo sur , é mais grande do conxunto (176 por 65 .). Con unha combinación circular no extremo norte conformada por dous círculos concéntricos de 21 e 22 de diámetro e coviña central de 3 de diámetro

Laxe 4

Nunha visita feita o 14/03/10 Xesus Rodriguez localiza unha pedra con situada preto do conxunto, destaca unha situada na parte da pedra e dous conxuntos de mais pequenas que debuxan un triángulo e outro que define un cadrado

Fonte e fotos. Xesús Rodríguez Castro

O outeiro está rodeado por dúas pistas, a que bordea a parcela do antigo vertedoiro e outra que,  comezando entre o “ outeiro forcado” e o “outeiro codeso”,  vai dende rodeando pola ladeira do monte e enlaza coa estrada autonómica PO 224 a xunto a antigo vertedoiro de Pontevedra.

Fonte e fotos: Xesús Rodríguez Castro  2016

Información

Enderezo

Lugar de A Costa, Paraxe de Castro Loureiro
36820 Pontevedra

Aceso

 O outeiro está rodeado por dúas pistas, a que bordea a parcela do antigo vertedoiro  e outra  que  comezando entre o “ outeiro forcado” e o “outeiro codeso”  vai  dende  Campodeira rodeando pola ladeira do monte  e enlaza coa estrada  autonómica PO 224 a Verducido  xunto a antigo vertedoiro de Pontevedra

 

Info útil

Convén gps

Como Chegar á Castro Loureiro

Código QR

qr Barro Petroglifos de Outeiro de Codeso

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.5143666667
Lng: -8.62496666667

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°30'51.72"N 8°37'29.88"O
Long: 8°37'29.88"O

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.