Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

¿Coñeces Vilaboa? Descobre 7 imprescindibles de Vilaboa que non te podes perder na túa próxima viaxe ás Rías Baixas

Vilaboa é un dos grandes descoñecidos das Terras de Pontevedra para ós viaxeiros e viaxeiras. Para moitos, é tan solo un lugar de paso cara á Ponte de Rande, pero este concello está nunha das paisaxes mais belas das Rías Baixas: a Enseada de San Simón, e conta con unha grande tradición mariñeira e moito que ofertar ós amantes da natureza a historia e a fotografía.

Neste artigo percorreremos algún dos lugares e actividades que non te podes perder en Vilaboa. Esperamos que os desfrutes na túa próxima viaxe ás Rías Baixas.

 

 

san adrian cobres

1.- O porto de San Adrián de Cobres

Arrancamos o noso percorrido por Vilaboa no porto de San Adrián de Cobres. Aquí se atopa un tranquilo porto pesqueiro ó que se achegan a diario os barcos mexiloneiros para descargar os produtos recollidos nas bateas do entorno da Enseada de San Simón, así como unha moderna mariña e un par de restaurantes nos que desfrutar da gastronomía da zona con vistas sobre a Illa de San Simón.

Nas proximidades do porto atópase tamén a Igrexa de San Adrián de Cobres, cuxa orixe parece remontarse ó século XVI.

Non é o único porto interesante en Vilaboa e a el engádense numerosas calas e un par de praias de augas tranquilas e área dourada.

2.- Os muíños de Riomaior

Vilaboa conta con diferentes roteiros sinalizados que percorren tanto a costa como o interior do concello. Un dos mais interesantes é o dos Muíños de Riomaior ou PR-G102. Este pequeno sendeiro lineal de 5 quilómetros de ida e volta parte da Casa da Cultura de Río Maior, debaixo dos pilares da Autopista e sube bordeando o río Maior e o regato do Portiño ata alcanzar os 150 metros por riba do nivel do mar.

Os 34 muíños que se atopan ó longo do percorrido foron restaurados case na súa totalidade e permítennos pasear polo bosque de ribeira galego nun sendeiro de dificultade baixa e numerosos lugares de descanso, sen que se perciba a proximidade das casas ou da Autopista, mais aló dos primeiros metros iniciais. 

 

Molinos de Riomaior

 

3.- Chan dos Areeiros

Vilaboa conta con un mais que interesante patrimonio rupestre, entre o que se atopan varias estacións de petróglifos. Estes pódense visitar a través do sendeiro dos Petróglifos de Cobres, PR-G103.

O sendeiro circular, de 3 quilómetros de lonxitude e dificultade baixa, transcorre por unha pista forestal entre bosques e campos de cultivo, polos que se atopan distintos petróglifos. Unha desviación cara o miradoiro de Acuña, oferta unha espectacular panorámica sobre a Enseada de San Simón.

O afloramento mais destacado é probablemente o coñecido como Chan dos Areeiros, de uns 20 metros cadrados e con motivos circulares, reticulados e animais. Moi preto deste atópase Chan da Rúa, de acceso máis difícil ó atoparse no medio dun bosque con escasa sinalización.

4.- Entroido de Cobres

O entroido das Terras de Pontevedra é moi variado e singular. Un dos mais peculiares é, sen dubida, o Entroido de Cobres, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta festa, de raíces medievais, celébrase nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina. Nela, comparsas de “madamas” e “galáns” percorren as casas do concello ataviados con vestimentas decoradas con espellos e símbolos florais. O obxectivo e recadar cartos para a celebración das festas, para o que bailan diante dos veciños e baixo a atenta mirada dos “aldeáns”, un “mordomo” e os músicos da charanga que os acompaña.

 

Salinas de Ullo Ensenada de San Simón Viaboa

 

5.- Salinas de Ulló

Esta antiga salina, de orixe no século XVII, forma parte da Zona de Especial Protección de Aves, o Lugar de Interese Comunitario LIC Enseada de San Simón e a Rede Natura 2000, cuxo obxectivo é preservar a biodiversidade.

Os 4 ecosistemas diferentes presentes na zona: o bosque de ribeira, os carrizais, a marisma e a propia zona intermareal da enseada mostran distintas paisaxes de gran beleza e que converten as Salinas de Ulló nun lugar de referencia no avistamento de aves e fauna, así como para os amantes da fotografía e o sendeirismo.

Ademais, contaron no século XIX con un dos poucos muíños de mareas existentes en toda Galicia, que aproveitaba o movemento das correntes da ría para xerar forza hidráulica. Hoxe en día quedan deste os muros das comportas e os restos das casas dos traballadores que o explotaban.

Dende aquí parte tamén o sendeiro PR-G106 Sendeiro dos Muíños de Vilaboa e Chan de Vilar, que sube ata o Lago Castiñeiras polo río Trasmil, amosando 15 muíños en distintos estados.

6.- Lago Castiñeiras

Compartido co veciño concello de Marín, a 550 metros de altitude atópanse o Parque Natural de Cotorredondo e o Lago Castiñeiras.

Pese a  súa orixe artificial, esta contorna é hoxe unha importante área de refuxio e cría para moitas especies de animais, así como unha importante zona de recreo á que acoden por igual deportistas e familias durante as fines de semana. O parque conta, ademais con distintos sendeiros aptos para visitar a pé, en bicicleta ou a cabalo.

Preto de aquí atópase o miradoiro de Cotorredondo, tamén coñecido como o miradoiro das tres rías, un antigo punto de control de incendios que se ergue por riba de Vilaboa e dende o que, nos días despexados, se poden observar as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Só está operativo nos meses de verán.

Que ver en Vilaboa Mamoa do Rei

 

7.- Mámoa do Rei

A poucos metros do Lago Castiñeiras, está un dos campos de dolmenes mais importantes de Galicia: Chan de Castiñeiras. Este conxunto megalítico conta con 7 mámoas das que a mais representativa é a coñecida como Mámoa do Rei, descuberta xa nos anos 50 do século XX.

A Mámoa do Rei é un túmulo impoñente que ocupa un espazo de aproximadamente 25 metros de diámetro por mais de 2 metros de altura. Os arqueólogos e as lendas populares falan aquí do enterramento de alguén importante ó que se enterrou con ídolos e pinturas cerca do ano 3000 A.C.

Hoxe en día pódese observar tanto o dolmen de corredor, cuxa cámara mide uns tres metros de diámetro, como o anel perimetral de pedra. Ademais, gravados nas pedras pódense ver algún petróglifos, como unas cazoletas, pedras en ziz-zag e unha figura antropomorfa.

 

Segue explorando Terras de Pontevedra cona App para iOS e Android

Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para tódolos viaxeiros. Atopa mais lugares únicos a un paso de Vilaboa ou segue os itinerarios temáticos da aplicación móbil para descubrir algún dos tesouros mellor gardados de Galicia e desfrutar dun territorio inigualable.

Descarga a app para Android e iOS neste enlace

 

Lee este artigo en PDF.

Etiquetas: vilaboa, salinas de vilaboa, playas de Vilaboa

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.