Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

Rutas fotográficas polas Terras de Pontevedra

A Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, no seu afán de dar a coñecer o patrimonio natural e etnográfico do territorio,  pon en marcha unha novidosa actividade na que a protagonista é a fotografía.

Realizaranse unha serie de rutas fotográficas temáticas e abertas ao público polos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa entre os meses de outubro e novembro.

individuales

Os participantes nestas rutas que así o desexen poderán nutrir coas súas instantáneas un Fotoblog colaborativo cuxo obxectivo é o de poñer en valor os recursos naturais das Terras de Pontevedra.

Datas e saídas previstas

  1. Domingo 28 de outubro: Campo Lameiro, ruta onde a paisaxe fluvial é a grande protagonista.
  2. Sábado 3 de novembro: Ponte Caldelas, ruta para coñecer a fauna e flora do río Verduxo.
  3. Sábado 3 de novembro: Contemplando estrelas e outros astros no Observatorio Astronómico de Cotobade.
  4. Domingo 4 de novembro: Pontevedra, paseo botánico pola Finca de Lourizán.
  5. Domingo 11 de novembro: Marín, micoloxía no Lago de Castiñeiras.
  6. Domingo 11 de novembro: Vilaboa, ruta polas as Salinas de Ulló.
  7. Domingo 18 de novembro: Poio, ruta para coñecer as aves, praias e outros recursos da costa.

*As datas poderán variar en función das condicións metereolóxicas.

As saídas realizaranse en horario de mañá, de 10:00h a 14:00h, agás a saída nocturna en Cerdedo-Cotobade (ás 21:30h) e a visita ás Salinas de Ulló no concello de Vilaboa que realizarase en horario de tarde, de 16:00h a 20:00h.

En cada unha das rutas, (a excepción da saída sobre recursos astronómicos que terá un programa diferente), contaremos con profesionais da fotografía e coñecedores do medio natural que acompañarán ao grupo durante todo percorrido.

A fotógrafa facilitará aos asistentes unha interesante serie de consellos para que éstos aprendan a sacar o mellor partido as súas cámaras fotográficas  no referente á fotografía de campo: enfoque, profundidade de campo, luminosidade, encadre…

O naturalista será o encargado de informar sobre os valores naturais de especial interese que o grupo se atope no seu camiño durante a realización das rutas.

Durante o trascurso  destas saídas de campo, os asistentes realizarán cantas fotos desexen ao longo da xornada.

Fotoblog colaborativo

Unha vez rematadas as saídas, todos os participantes que así o desexen, poderán enviar algunhas das fotos realizadas durante a celebración da actividade ao enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com co fin de alimentar un fotoblog colaborativo para divulgar e poñer en valor parte da grande riqueza ratural existente nos diferentes concellos do territorio: https://rutasterrasdepontevedra.blogspot.com/

Que é preciso levar ás rutas fotográficas?

  • Cámara fotográfica (e no seu defecto cámara do teléfono móvil).
  • Outro material fotográfico do que dispoñas (trípode, flash, monopé, parasol, filtros, etc...).
  • Equipamento axeitado a unha xornada de campo: vestimenta cómoda, botas de montaña ou calzado deportivo (evitar sandalias, tacóns, etc.) gorra, paraugas (en caso de choiva), avituallamento...
  • É convinte levar algo de auga (ou outra bebida) e un pequeno tentempé de avituallamento.

Inscrición gratuita e obrigatoria

É imprescindible a inscrición previa a través do enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com ou a través do teléfono/whatsapp 649012530

O número de integrantes de cada saída está limitado a 20 persoas por rigorosa orde de inscrición.

 

Máis info:

No enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com   

ou

o teléfono 649 012 530

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.