Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

Nova versión da App Arte Rupestre de Terras de Pontevedra

app arte rupestre

A Manconunidade Turística Terras de Pontevedra presenta a segunda xeración das súas apps de Arte Rupestre, unha ferramenta de peto coa que será posible coñecer, tanto desde casa como in-situ, parte da nosa historia máis antiga. Xogar, aprender e gozar coa arte rupestre da provincia é o principal obxectivo desta nova xeración de apps.

 

As APPs permitirán tamén coñecer os distintos centros de interpretación de Arte Rupestre distribuídos dentro de Terras de Pontevedra, escoitar as audio guías dalgúns deles e os máis importante, percorrer os Petróglifos a través dun mapa interactivo integrado co navegador do dispositivo. Todo iso acompañado de xogos sinxelos relacionados coa arte Rupestre, como os Quizzes (cuestionarios sobre coñecemento en Petróglifos), unha ferramenta ideal para aprender, ou a Yincana Geolocalizada (retos baseados na túa posición xeográfica); a medida que os usuarios visiten os distintos Petróglifos da provincia irán descubrindo cartas que os converterán en "Mestres e Sabios da Tribo". 

Un ano máis será Petra, a nena troglodita, o personaxe que guiará aos usuarios da app, axudándolles, ofrecéndolles consellos e abríndolles a porta a esta visita á Prehistoria.

A nova xeración de APPs preséntase en tres  idiomas (Galego, Español e Inglés), permitirán tamén a descarga dos seus contidos previamente para poder consultalas no terreo (moi útil para casos nos que non exista conexión a internet), incluso a descarga dos mapas que axudan ao usuario para chegar ata os lugares nos que se esconden estes vestixios do pasado.

Outra das novidades é que todo o código que se escribiu para programar as dúas apps nativas (Android e IOS) doarase á comunidade. Un código pago con diñeiro público que volve á comunidade deste xeito simbólico e real: calquera persoa poderá descargar o código nativo de ambas as apps, construíndo versións ou variantes para xeolocalizar patrimonio ou outro tipo de obxectos localizados. Creouse unha conta GitHub para poñer a disposición do público todo este traballo de varios meses.

Divertirse, aprender e gozar da arte rupestre da provincia é agora posible con esta nova xeración de apps. Pontevedra conserva abundantes vestixios da Prehistoria, desde o Neolítico e o Megalítico, ata os tempos castrenses e os inicios da ocupación romana, a oferta cultural e patrimonial deste espazo hai que escribila con maiúsculas cando falamos de Arte Rupestre.

Podes visitar o mapa interactivo de Petróglifos de Pontevedra no seguinte link:

http://app.terrasdepontevedra.org/

Desde este mesmo portal é posible descargar as apps para as distintas plataformas:

http://app.terrasdepontevedra.org/app-arte-rupestre/

pegatina app arte rupestre

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.