Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Que visitar en Vilaboa

Vilaboa é un pequeno concello, a penas 38 km cadrados, cun litoral amplo enmarcado por montes e miradoiros que vai dende o fondo da ría de Vigo ata a Ponte de Rande acollendo  unha serie de elementos que moi atractivos para a visita.

Hai que comezar mencionando a Lagoa de Castiñeiras, de orixe artificial (1950), aspecto que non lle quita o seu encanto. Un dos aspectos mais destacables  deste espazo e a riqueza da súa flora e fauna e a riqueza troiteira dos seus ríos. Conta cunha Aula da Natureza que organiza visitas de grupos. Preto da lagoa atópase o Miradoiro de Cotorredondo, un lugar privilexiado desde o que admirar, conxuntamente, as rías de Arousa, Pontevedra , Vigo e a illa de San Simón.

De máximo interese resulta o seu patrimonio rupestre onde se poden contemplar distinta mámoas, como o conxunto megalítico Chan de Castiñeiras onde se atopa a Mámoa do Rei, de impresionantes dimensións. No que atinxe a outros arqueolóxicos, cómpre destacar a existencia da varias estacións de petróglifos da parroquia de Cobres, entre os que destacan os de Chan dos Areeiros.

De interese natural e de especial interese para a visita son as Salinas de Ulló, un lugar excelente para observar a fauna  avícola do LIC (Lugar de Interese Cultural) da Enseada de San Simón. A zona está perfectamente sinalizada e permite tanto o sendeirismo na beira do mar, como os percorridos ciclistas. Pero non é esta zona o único recursos para o sendeirismo pois os amantes de camiñar por lugares marabillosos, teñen en Vilaboa distintos sendeiros sinalizados que ben pagan a pena como a Ruta dos Muíños de Riomaior, ou a dos Petroglifos de Cobres.

Como herdanza doutros tempos, en Vilaboa pódense detectar moitas curiosidades. No estreito de Rande, por exemplo, atopamos na Punta do Aradoiro,  os restos dunha fortaleza que o protexía cunha cadea tendida desde a marxe oposta da ría. Tanto esta cadea como a fortaleza foron destruídos na famosa batalla de Rande, en 1702, polos barcos anglo-holandeses que acosaba aos comboios da Flota de Indias cargados de ouro e prata.

A arquitectura relixiosa tamén está presente neste concello, no que atopamos a fermosa Igrexa de  San Martiño, reformada nos anos 1673 e 1859 , segundo consta na parte externa dos muros, e as parroquiais de Santa Cristina  e San Adríán.

Praias de Vilaboa

Praias de vilaboa

Ainda que non son frecuentadas polo turismo de masas, Vilaboa dispón de distintos areais e calas que son frecuentadas durante a tempada estival.  Quizáis os máis destacables son o amplo Areal de Pousada,  e a Praia de Deilán, dúas praias semiurbanas de area grosa e augas tranquilas

Seguir lendo

Miradoiro de Cotorredondo

Mirador dde Cotorredondo

Non hai mellor lugar para contemplar o LIC Enseada de San Simón que o miradoiro de Cotorredondo. Situado no municipio de Vilaboa, a apenas dous quilómetros do Lago Castiñeiras, o visitante poderá contemplar conxuntamente, nunha estampa sen igual, a Illa de San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra.

Seguir lendo

Mámoa do Rei

terras vilaboa 0000 castineiras mamoa do rei

O concello de Vilaboa é o principal lugar onde se asenta o magnífico conxunto megalítico Chan de Castiñeiras, un dos campos de mámoas máis importantes de Galicia. Nas inmediacións da lagoa dae Castiñeiras está localizada a senlleira mámoa do Rei (Vilaboa), que impresiona polas súas enormes dimensións, de case vintecinco metros de diámetro.

Seguir lendo

Sendeiro dos Muiños de Riomaior

vilaboa sendero rio maior5

Os que gusten do senderismo e gozar da natureza, sexa calquera a súa idade, atoparán en PR-G 102 Sendeiro dúas Muiños de Riomaior" unha magnífica oportunidade para coñecer o bosque de ribeira galego e gozar de excelentes vistas sobre ría de Vigo.

Seguir lendo

Igrexa de San Martiño

03 igrexa de san martino

A primitiva igrexa románica foi moi reformada nos anos 1673 e 1859 , segundo consta na parte externa dos muros. Consérvase tamén unha cruz de entrelazados sobre un carneiro de pé, situado no muro testeiro do prebisterio.

Seguir lendo

Lago de Castiñeiras

Lago de Castiñeiras

Situado entre os municipios de Vilaboa e Marín atópase o Lago de Castiñeiras, un magnífico paraxe para pasar un día en plena natureza. A súa orixe artificial (foi creado en 1950) non é escusa para o seu encanto, constituíndo un verdadeiro paraíso natural subliñábel pola riqueza da súa flora e fauna.

Seguir lendo

Salinas de Ulló

vilaboa salinas de ullo

As salinas reciben o seu nome do baixo val chamado do Ulló, situado na parroquía de Paredes. A su importancia non e soamente etnográfica senón tamen natural, pois constitúen unha excelente atalaia para a observación da avifauna do LIC Enseada de San Simón

Seguir lendo

Porto de San Adrián de Cobres

00 santa cristina cobres

O viaxeiro que percorra o traxecto dende Pontevedra a Vigo a través de 550 non debe dubidar en parar no pequeno porto de San Adrián de Cobres, que alberga un espazo pintoresco coa súa moderna mariña, o seu paseo e a súa pequena igrexa.

Seguir lendo

A Canteira do Alto das Lapas

13 vilaboa canteira do alto das lapas

Para achegarnos, desviamonos da N-550 por un desvio que vai cara a Pontesampaio, e a 200 m. xirando a esquerda entramos nunha explanada (excelente mirador da ría), e se miramos a dereita, podemos ver a Canteira das Lapas, amplo espacio con unha lagoa artificial, área de recreo, e o máis destacado: podemos visitar os diferentes socalcos da Canteira , grazas ós camiños e varandas instalados.

Seguir lendo

Praia de Pousada

playa de pousada

A praia de Pousada está na Ría de Vigo en Santa Cristina cerca da Punta Estralo nun espazo semiurbanizado. Este areal atópase moi resgardado e a súa forma é debuxa unha suave curva.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea