Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Pontevedra, estate a esperar para vivir experiencias únicas!

Esta engaiolante cidade, posúe un centro histórico-artístico realmente excepcional. Famosa polas súas singulares prazas de nomes gremiais, repletas edificios brasonados, en Pontevedra danse cita os máis diversos estilos arquitectónicos: románico, gótico, plateresco, barroco..., Pero tamén o culto e o popular, o laico e o relixioso, a vitalidade e a calma. Todo configura un espazo singular que chama a atención polo amigable das súas rúas cheas de non só de monumentos, senón de xente que vive nunha cidade amable, conservada e modélicamente sostible.

E é que en Pontevedra, cidade hospitalaria, e cordial, todo está a un paso. Dende excelentes museos, como o Museo de Pontevedra, cunha colección de xoias únicas en Europa, con mais de 4000 anos de antigüidade, pasando por monumentos de diferentes estilos artísticos, como, a Basílica de Santa María, as góticas Ruínas de San Domingos, a Igrexa da Peregrina, patroa da cidade, San Francisco  ou barroco San Bartolomeu hastra os numerosos pazos e edificacións singulares que adornan prazas como a Praza da Leña, Teucro ou Ferraria. Ademais compre non esquecer que, Pontevedra tamén é cidade de ocio, boa gastronomía e festa. Demóstrano os centos de locais, espallados por todas as prazas e xardíns da cidade, con acolledoras terrazas onde poder degustar a rica gastronomía da zona.

Audioguía do Centro Histórico de Pontevedra

altavozDescargar audioguía do Centro Histótico de Pontevedra

 

Casco histórico de Pontevedra

O casco histórico de Pontevedra, declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1951, é un dos mellores conservados de Galicia, xunto co de Santiago de Compostela, e testemuña indiscutíbel do esplendor medieval da cidade, cando Pontevedra aínda estaba profundamente ligada ao mar.

Seguir lendo

Os Petroglifos de Salcedo

 

Unha coincidencia dos petroglifos da parroquia de Salcedo é a sermos dos primeiros en ser estudados en Galicia. O de Outeiro da Mina foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na "Historia de Galicia" de Manuel Murguía en 1901. O de Mato das Cruces foi mencionado por Celso García de la Riega no ano 1904. E no famosos “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos, o pioneiro Ramón Sobrino Buhigas menciona ao de Vilar de Matos.

Seguir lendo

Illa das Esculturas

 

Paseando tranquilamente desde o centro da cidade, a través de pontes e pasarelas peonís, pódese acceder á Illa da Xunqueira. Trátase dunha illa fluvial a onde chegan as mareas, situada no tramo final do río Lérez, declarado espazo natural protexido de Interese Comunitario, que alberga un espectacular museo de arte contemporánea ao aire libre.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea