Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 01 a calzada ponte caldelas
  • 02 area arqeuologica tourón
  • 03 rio verdugo ponte caldelas
  • 04 iglesia santa eulalia
  • Percorre as ribeiras do Río Verdugo, e goza das súas fervenzas, pasos e bosques de ribeira

  • Visita a Área Arqueolóxica, e sorpréndete cós espectaculares gravados en pedra da idade de bronce dos petróglifos de Tourón

  • ¿Sabías que en Ponte Caldelas está a Praia da Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de España?

  • Invitásemoste a coñecer o rico patrimonio artístico e natural de Ponte Caldelas

Visitar Ponte Caldelas, un luxo para os sentidos

Ponte Caldelas é engaiolante. Ten unha vila con encanto, arte rupestre, xente amable, e unhas empanadas de vicio… Pero o que de verdade sorprende deste concello é a contorna do río Verdugo e a súa maravillosa praia fluvial, A Calzada, á única praia con bandeira azul de España.

De Ponte Caldelas a beleza natural da paisaxe, e sobre todo as ribeiras do Río Verdugo que atravesa o municipio cun tupido arbolado autóctono nas súas marxes, e que ao seu paso pola vila se remansa nunha paisaxe idílica de paseo fluvial con pontes de madeira.  A fermosura dos recursos fluviais do Verdugo non se cinguen a vila, xa que que ao longo do río hai distintos lugares especialmente agradecidos como son os Pasos da Fraga e o Paseo que leva Praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.
 
Tamén é destacable tanto a presenza de bosques autóctonos como a Carballeira de Caritel, e excelentes miradores, como o Mirador do Casteliño, ao pe da Capela do Sagrado Corazón, ou as vistas que permiten os montes de Pe da Múa, ou os altos da Serra da Castrelada.
 
No tocante ao patrimonio, Ponte Caldelas ten algunas igrexas realmente relevantes como a románica de Santa María de Tourón, ou as barrocas  de Santa Baia, que é inicio dun viacrucis que remata no Sagrado Corazón. E a Igrexa de San Martiño de Xustáns, do século XVII. Non obstante, o seu patrimonio máis relevante é rupestre, representado tanto pola Área Arqueolóxica de Tourón, un dos conxuntos de petroglifos máis importantes de Galicia, que é posuidor dun centro de interpretación, como pola existencia doutras estacións rupestres relevantes, habilitadas para a visita como acontece coa estación de Campo de Cuñas, onde se atopa a espectacular "Pedra do Cervo".
 

Audioguía de Ponte Caldelas

Descargar audioguía de Ponte Caldelas

 
 

Área arqueolóxica de Tourón

O concello de Ponte Caldelas presenta numerosos recursos rupestres. Os mais significativos están na parroquia de Tourón onde se atopa un dos complexos de arte rupestre ao aire libre mais singulares do territorio galego, a Área arqueolóxica de Tourón, un recinto de máis de 150.000 metros cadrados que nos permite visitar cinco estacións con gravados nunha ruta de grande beleza paisaxística.

Seguir lendo

A Vila de Ponte Caldelas

En Galicia a auga forma parte da paisaxe, pero se nalgún lugar iso é determinante é, sen dúbida, na vila de Ponte Caldelas. Moi coñecida como vila termal, as súas rúas e prazas teñen un engado especial de casco urbano pequeno pero coqueto no que chama a atención o nobre das construcións, e a pegada da emigración nas casas de indianos.

Seguir lendo

Río Verdugo

05 ponte caldelas rio verdugo

Entre os moitos ríos que descorren polo concello de Ponte CaldelasTerras de Pontevedra, adquire unha especial importancia o río Verdugo , co que se atopa fondamente vinculado.

Seguir lendo

Miradoiro de O Casteliño

Situado no lugar de Caldelas, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas, o Miradoiro do Sagrado Corazón do Monte Casteliño permite divisar unha boa panorámica do val do Río Verdugo, da   Serra dá Castrelada e o Monte do Pé dá Múa. Ainda así, o principal encanto deste miradoiro é o pintoresco monumento ao Sagrado Corazón de pedra que coroa a capela.

Seguir lendo

Igrexa de Santa Baia de Ponte Caldelas

santa eulalia

A Igrexa de Santa Baia, é unha igrexa barroca de planta de cruz latina, que celebra  a advocación da Mártir Santa Eulalia de Mérida. Presenta unha porta barroca sobre a que está unha hornacina  cunha imaxe de  pedra que non é de Santa Baia, senón Santa Catarina de Siena. Si son representacións de Santa Baia a imaxe da vidreira policromada do oco da portada, e  o escudo que podemos contemplar no tímpano. A contorna é realmente sorprendente con un adro con un cruceiro de 1692 e un xardín francés, e unha magnífica reitoral. 

Seguir lendo

Pedra do Cervo

pedra do cervo

 A  Pedra do Cervo é o petróglifo máis significado da estación de “Campo de Cuñas”, que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Nela represéntanse algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho con tres lanzas nas costas.

Seguir lendo

Paseo e Praia Fluvial de A Calzada

A Praia Fluvial de Calzada ten 250 metros de lonxitude e recibe uns 250 visitantes de media ao día no verán. Trátase dunha zona de baño formada por unha presa de pedra nun bosque de ribeira de bidueiras, castiñeiros e carballos que recibiu a única bandeira azul fluvial de España .

Seguir lendo

Os Pasos da Fraga

pontecaldelas pasos da fraga

Desde a estrada de Ponte Caldelas cara á Lama pola PO-532, preto dun coto moi frecuentado por pescadores, atópase un dos lugares máis fermosos do Verdugo. Trátase dunha encrucillada fluvial formada por unha serie de antigos pasos ou poldras nos que persoas e reses atravesaban o río outrora: os Pasos da Fraga.

Seguir lendo

Pe da Múa e Alto de Castrelada

pe da mua

 O alto da Serra da Castrelada está ocupado polo Monte de Pé de Múa, Éntrase polo merendeiro do Pé da Múa e séguese por unha pista de terra durante aproximadamente 1 quilometro ata chegar á base de dúas lomas, O Coto Grande e o Coto Pequeno.

Seguir lendo

Igrexa de Santa María de Tourón

igrexa santa maria touron

En Tourón, antes de chegar a Ponte Caldelas desde Pontevedra, ao pé da PO-532  e perfectamente sinalizada desde a estrada, atopamos una igrexa románica. A de Santa María de Tourón, unha parada obrigada na visita a Ponte Caldelas.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea