Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 poio imagen aerea
  • 01 poio mosteiro san xoan
  • 02 poio combarro
  • 04 poio petroglifos caeira
  • 03 poio praia de cabeceira
  • Vista aérea do Concello de Poio

  • Mosteiro de San Xoan

  • Hórreos de Combarro

  • Petroglifos de A Caeira

  • Praia de Cabeceira

Separado de Pontevedra pola ría e unido polas súas pontes, Poio parece a primeira vista unha prolongación da capital da provincia. Pero non o é. Enmarcado polas augas do Lérez e ría de Pontevedra, este belo concello  combina a paisaxe mariñeira co rural e urbano.

O Mosteiro de San Xoán de Poio é sen dúbida un dos maiores atractivos deste municipio.  O magnífico Claustro Procesional de corte renacentista con fermosas bóvedas estreladas, claves e ménsulas figuradas e  fonte e  o seu Claustro da Portería (Claustro das Laranxeiras), datado na primeira metade do s. XVIII, e a igrexa monástica ben pagan a visita.

O patrimonio rupestre é o contrapunto do patrimonio relixioso, e tamén e visita obrigada a Area Arqueoloxica da Caeira, un lugar onde atopamos máis dunha véntena de gravados e petróglifos, tes dos cales teñen a a distinción de Monumento Histórico Artístico: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.

Pero Poio é tamén unha luxosa antesala á ruta turística das Rías Baixas. No Centro de Iniciativas Turísticas do Casal de Ferreirós pódennos axudar a deseñar un percorrido polo Poio máis interesante. Comezamos, como non á beira de ría. Porque a súa costa é o seu principal atractivo. Vinte quilómetros de excelentes praias, algunhas conservan o aspecto máis natural, outras manteñen un xenuíno sabor mariñeiro.

A nosa primeira parada é en Lourido, case unida a Cabeceira, de feito teñen un aspecto moi similar. Moi diferente é a Praia de Campelo cun pequeno porto pesqueiro que está considerado o máis interior de ría de Pontevedra, e ten fama notable pola súa festa, a Festa da Ameixa.

Seguindo a liña costeira chegamos xa á xoia do municipio. Combarro é unha das vilas pesqueiras máis fermosas de Galicia, e foi declarada  Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco.  A arquitectura popular e hórreos son o seu principal atractivo, hainos en cada recuncho. Ten máis de trinta, e chámanos palleiras, porque os máis antigos cubríanse con palla.

Poio caracterízase por combinar os encantos da costa cos atractivos interiores. Así que convén achegarse a Samieira, onde as ruta dos muíños xunta esas as dúas caras. 

Próxima ao monte está a parroquia de Raxó, aínda que esta destaca máis como centro de veraneo. Unha extensa praia, de augas tranquilas e azuis, con paisaxe mariñeiro, fan as delicias de todos os turistas.

Xiorto é unha praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, áchase separada dá praia de Raxó por un breve sainte. Orientada cara ao sur, resgardada dous ventos, Xiorto é perfecta para recalar nun paseo pola ría de Pontevedra. Tamén é Azul a Praia de Cabeceira, unha praia en forma de media cuncha, de area branca e fina. Situada ás beiras dun bosque de piñeiros, está resgardada dous ventos, e ofrece augas tranquilas propicias para gozar do baño

Audioguía de Poio

Descargar audioguía de Poio

 

Centro Histórico de Combarro

00 combarro horreos beiramar

Situado fronte á illa de Tambo,  o Centro Histórico de Combarro, é visita obrigada para todo aquel que se achegue a coñecer Poio.

O visitante non pode perderse o encanto deste pobo mariñeiro, que polo seu feitizo foi nomeado Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco en 1972

Seguir lendo

Praias de Poio

poio playas

Nos 20 quilómetros das costas de Poio podemos atopar praias das máis variadas características; semiurbanas como Xiorto, Campelo ou Sinás, rurais como Laño, ou en contornas forestais como Cabeceira ou Lourido. Todas elas destacan pola calidade das súas augas e servizos, como amostran as sete declaracións de excelencia das súas augas ou as dúsa bandeiras azuis acadadas no 2015.

Seguir lendo

Casal de Ferreirós

poio casal de ferreiros

Seleccionar os atractivos turísticos segundo o que che apeteza facer, con quen veñas, ou en que época do ano,  é algo que de seguro resolverán de forma amable os técnicos da Oficina de Turismo de Casal de Ferreirós,  unha antiga casa grande emprazada a beira da PO-308 no lugar de Andurique que constitúe un lugar de referencia para os viaxeiros que percorren Poio, Combarro e as Rías Baixas. 

Seguir lendo

Área Arqueolóxica da Caeira

terras poio 0003 caeira axe das lebres 04

A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres situado na Caeira, no lugar de Boa Vista, en Poio. A palabra "caeira" significa ladeira empinada, e nunha destas “caeiras”, a do Monte Tomba, a 150 m de altitude, atopamos máis dunha véntena de gravados e petróglifos. Tres deses conxuntos  teñen a a distinción de Monumento Histórico Artístico: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.

Seguir lendo

Casa de Colón

A partir dos traballos de Celso García de la Riega, son numerosos os estudos que acreditan unha familia Colón vencellada ao mar, e a Moureira, o barrio do comercio marítimo de Pontevedra onde se construíu a nave capitá Santa María, bautizada "A Galega”. Esta familia de orixe italiano estableceuse en Porto Santo, lugar onde se alza a Casa Museo Cristóbal Colón, un moderno edificio e dúas casas rehabilitadas que foron propiedade da familia Colón na idade media que amosan un percorrido sobre a teoría do Colón Galego.

Seguir lendo

Ruta dos Muiños da Freixa

00 muinos da freixa

A Ruta dos Muíños da Freixa percorre o tramo final do Regato de Cancela, na parroquia de san Xoán, onde un total de sete muíños dan sentido histórico e cultural a visita desta fermosa zona natural.

Seguir lendo

Illa de Tambo

poio illa de tambo

Malia á súa escasa superficie ( so 28 hectáreas), a singularidade natural da illa de Tambo lévaa a un lugar destacado. Situada en plena ría de Pontevedra, dacabalo entre Marin e Combarro, pertence administrativamente ao municipio de Poio, e ten unha longa historia e numerosas lendas.

Seguir lendo

Mosteiro de San Xoán de Poio

Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1970, o Mosteiro de San Xoán de Poio é un dos máximos expoñentes da arquitectura da comarca, tanto pola súa antigüidade e excelente estado de conservación, como pola súa valía artística. Por este motivo a súa visita resulta imprescindíble para todos os amantes da historia e da arte.

Seguir lendo

Centro Arqueolóxico da Caeira

00 caeira expo

O municipio de Poio acolle varios conxuntos de petróglifos da Idade do Bronce. Da importancia destes gravados rupestres da conta o Centro Arqueolóxico da Caeira, situado no centro á beira da oficina de turismo de San Salvador detrás do coñecido como Casal de Ferreirós.

Seguir lendo

Festa da Ameixa de Campelo

Poucos saben que a lonxa do pequeno pobo de Campelo, en Poio, ostenta o liderado en canto a facturación en bivalvos das rías galegas. Toneladas de ameixa babosa, fina, rubia, babosa e bicuda extraídas da ría de Pontevedra pasan pola súa pequena lonxa e abastecen en fresco a toda España, e está claro, á súa festa máis representativa: a Festa da Ameixa de Campelo, que exalta a ameixa babosa, unha das especies máis saborosas das catro variantes que se recollen nas costas de Galicia.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea