Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 costa de marin
  • 01 praias de marin
  • 02 praias de marin
  • 04 granxa de briz
  • 03 petroglifos de mogor
  • Percorrer o litoral de Marín achegarse á natureza, gozar de augas cristalinas e abraiarse co azul e verde do mar!
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Marín ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Pero Marín non é so praias. Sabías que na Granxa de Briz podes visitar un singular parque dos sentidos?
  • Tamén é lugar de referencia na arte rupestre, e podes vistar os famosos petróglifos de Mogor na beira do mar.

Que visitar en Marín

O máis destacable para o turismo que chega a Marín son as súas praias de fina area, que se extenden desde a vila de Marín ata o concello de Bueu. Areais de con bandeira azul, e certificación EMAS, distintivos de excelencia para unhas praias acalmadas de augas cristalinas de cor esmeralda situadas en entornos naturais de grande beleza. A primeira, a de Portocelo, está a pouco máis dun quilómetro do centro urbano. A ela chégase atravesando un fermoso paseo marítimo. A Praia de Mogor atópase a uns 600 metros da anterior e nela é obrigado facer unha vista aos seus famosos petroglifos, os Labirintos de Mogor, que gozan dunha área arqueolóxica perfectamente acondicionada e dun Centro de interpretación.

A Praia de Aguete é un areal rodeado de abundante arborado que conta cun pequeno porto deportivo e o Club de Mar que ofrece cursos de vela nas instalacións do Porto Deportivo. A praia "Dos namorados" pequena e recolleita, está logo da Punta de Moa. A Praia de Loira no pobo mariñeiro do mesmo nome, e o conxunto que fan a Praia de Santo do Mar e A Coviña. Para rematar a Praia de Lapamán, compartida con Bueu e tamén bandeira azul.

Pero Marín é máis que praias. O casco urbano de Marín tamén merece unha visita para ver o Museo Manuel Torres ou pasear polas súas curtas e estreitas rúas e Prazas como a da Veiguiña, onde cada xoves pódese asistir a un tradicional e popular mercado de verduras, a Praza do Reloxo, a Praza de Abastos e as rúas Real e Echegaray, ademais de interesantes barrios como o de Cantoarea. Pero son sen lugar a dúbida a Alameda, coa seu Palco da Música e os seus magníficos xardíns, e o anovado Parque de Briz, cun sorpredente Parque dos Sentidos, os lugares preferidos para o paseo dos marinenses e visitantes.

Si gustas do turismo activo Marín pode ser un dos teus lugares preferidos. Neste concello esta situado o Ecoparque de Marín, o mais relevante de Galicia. Ademáis durante todo o ano é posible facer distintas rutas tanto polo monte como a beira do mar. A mais interesante de todas e Ruta dos Miradores, unha ruta circular que amostra o mellor desta vila, a Ruta das Praias, cun carril bici ao longo de todo percorrido, e tamén outras para camiñantes expertos como a do Monte Penizas.

As igrexas románicas de Santa María do Campo, e de Santo Tomé de Piñeiro son os máis destacable dos monumentos do municipio.

Audioguía de Marín

Descargar audioguía de Marín

Praias de Marín

marin praia 2

O Concello de Marín é o primeiro concello en Galicia en dispor da certificación EMAS de xestión medio ambiental para as súas praias. Un distintivo de calidade que recoñece a unhas praias de auga cristalina e area fina nas que a cor verde da natureza mestúrase co azul do ceo tinguindo de esmeralda ao mar.  Son Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, A Coviña, e Lapamán unha escolma do mellor das Rías Baixas.

Seguir lendo

Templo Vello e casco antigo

Coñecida outrora como Nosa Señora de Oseira, a primitiva igrexa construíse no século XXII debido ao establecemento do Mosteiro de Oseira en Marín en 1151. A igrexa, que foi levantada sobre unha roca, tivo numerosas reformas ata acadar o actual aspecto barroco en 1739.

Seguir lendo

Castro da Subidá

marin castro da subida

O castro da Subidá é un asentamento castrense bastante romanizado e que poderíamos situar entre os séculos I e IV d.C de máis de 3 ha de superficie que tiña un doble reciento amurallado. Foi escavado varias veces e na actualidade pódese observar vaias viviendas circulares

Seguir lendo

Ecoparque Multiaventura de Marín

00 marin ecoparque

Deseñado para que todos poidan gozar del, independientemente da idade ou da preparación física, o Ecoparque Multiaventura de Galicia ten máis de 70 xogos, algúns situados ata 13 m. de altura e 12 tirolinas de ata 120 m de longo.

Seguir lendo

Danza de Espadas

danza espadas san miguel

A Danza das Espadas execútase durante a procesión da misa solmene, á saída da igrexa e na Alameda e na Praza de España, onde ten lugar a queima das populares madamitas.

Seguir lendo

Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro

Emprazada no solar onde existía un mosteiro no século XII, esta lgrexa ten unha traza estrutural peculiar no marco das pertencentes ós Cabaleiros da Orde de Malta. Sobre os alicerces da antiga igrexa do mosteiro erixiúse a actual de espectacular traza románica.

Seguir lendo

A Granxa de Briz

A Granxa de Briz é un paradisíaco lugar que ten a súa orixe na antiga Granxa da Costa dos monxes de Oseira. Trala desamortización foi adquirida por D. Roberto Munaiz en 1838, e despóis pola familia Briz. No de ano de 1999 foi mercada polo concello que procedeu a acondicionala para ocio e recreo no 2011.

Seguir lendo

A Ruta dos Miradoiros

ruta miradores

Si prefires practicar o senderismo de pouca dificultade, ou buscas o lugar perfecto para ir camiñar en compañía de nenos, Marín dáche a solución. A Ruta dos Miradoiros ofrece a posiblidade de facer unha ruta circular de pouco máis de sete quilometros que permite visitar algúns dos lugares mais interesantes desta vila mariñeira.

Seguir lendo

Museo Manuel Torres

museo manuel torres

O museo 'Manuel Torres' xorde a raíz da doazón do pintor Manuel Torres ao Concello de Marín de 77 das súas obras. Posue unha ampla colección deste recoñecido pintor, nado en Marín en 1901 e distintas salas que acollen exposicións temporais.

Seguir lendo

Igrexa de Santa María do Campo

Santa María do Campo é de finais do s. XII e principios do s. XIII, de estilo románico algo serodio. Desta época conserva no interior un arco triunfal, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio. Nunha segunda fase de construción, no século XVI, realízase a nave de estilo barroco. Posúe unhas magníficas pinturas murais (góticas). Pertenceu á Encomenda de San Xoán.

Seguir lendo

A Ruta das Praias

ruta das praias de marin

Marín ofrece aos fans do treek, ciclistas, e ainda a minusválidos, sorprendentes alternativas para o paseo. A Rutas das Praias está dotada dun carril bici entre Portocelo e aPraia do Santo do Mar que permite gozar dunha paixase extraordinaria na beira do mar.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea