Mancomunidade de Terras de Pontevedra

O municipio de Cotobade encóntrase na bisbarra de Terras de Pontevedra e a a tan só 22 km. da capital. Pódese considerar a Cotobade un lugar moi rico en canto a patrimonio, tanto polos restos arqueolóxicos, os seus espazos naturais, ou pola arquitectura que acharemos neste municipio.

Cotobade conserva na parroquia de San Xurxo de Sacos, un importante conxunto de grabados rupestres entre os que destacan Os petroglifos de Fentáns. O conxunto acolle multiples estacións que supoñen unhas 300 piedras gravadas, ainda que son tres as rocas más destacables: a Pedra dás Ferraduras¸ a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro, tres estacións de gran importancia arqueolóxica que permiten facer unha ruta case circular partindo de las cercanías da Ermita de Lixó. Tamén son especialmente relevantes os complexos rupestres localizados na parroquia Viascón donde se atopan as estacións de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Dos espazos naturais destacan dous principalmente, un o río Lérez, que forma parte da fronteira oeste e norte do municipio e polo leste a Serra do Cando. Uns e outro permiten permiten atractivas rutas de senderismo e bicicleta de montaña (BBT) . O Lérez e a sua cunca aportan a Cotobade un importante patrimonio natural,  cultural e etnográfico onde salientan os bosques de ribeira e frondosas autóctonas, como a Carballeira de San Xusto, zonas balneares como os Baños de San Xusto, e numerosos muiños e regatos.

No tocante ao patrimonio construído, compre destacar a Igrexa de Santa María de Sacos, romanica, e a importante pegada do barroco que ofrece mostras tan elaboradas como Igrexa de Augasantas, ou as de Almofrei, Borela, Carballedo, Rebordelo ou Valongo, asi como a presenza de numerosos pontes medievais.

 

Audioguía de Cotobade

Descargar Audioguía Visitar Cotobade

Tags: cotobade,, petroglifos de Fentans, viascon, Baños de San Xusto, Igrexa de Santa María de Sacos, Igrexa de Aguasantas

Carballeira e Capela de San Xusto

04 cotobade capela de san xusto

O encanto da Carballeira de San Xusto, situada en San Xurxo de Sacos, no municipio de Cotobade, maniféstase non só polos seus carballos centenarios ou pola idílica capela que se alza neste espazo, senón tamén pola sona da súa romaría e a importancia desta zona na cultura popular.

Seguir lendo

Os Gravados rupestres de Fentáns

O concello de Cotobade alberga numerosos gravados rupestres. Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados. Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro.

Seguir lendo

Monte Seixo e Portela do Alén

O Monte Seixo, dacabalo entre a Lama e Cotobade,  é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento.  Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nos zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas. Hai casos como o de Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.

Seguir lendo

Santa María de Augasantas

 00 cotobade iglesia de augasantas

 A Igrexa de Santa María de Augasantas posúe unha elegante cúpula de estilo tardío e unha interesante imaxe plateresca da Virxe das Dores. Encóntrase rodeada dun núcleo de casas de pedra antigas e dende a súa contorna ofrécese unha ampla vista sobre o val.

Seguir lendo

Igrexa de San Miguel de Carballedo

09 cotobade san miguel de carballedo

San Miguel de Carballedo é unha igrexa tardobarroca de planta de cruz latina  con cuberta a catro augas. A súa fachada é moi elegante debido sobre todo a torre central que se eleva por riba dunha fachada enmarcada por altos pináculos que amosa con unha imaxe de San Miguel de pedra e ten un reloxo.

Seguir lendo

Os Baños de San Xusto

A localización, a escasos metros do río, o ámbito boscoso e as ruínas dunhas antigas instalacións, que se remontan a 1915, dotan a estes baños dun encanto especial, xa que aínda permiten o baño termal en augas fluoradas e sulfuradas

Seguir lendo

Os Petroglifos de Viascón

terras 0009 cotobade viascon portela da laxe 03

Cotobade conserva numerosos restos prehistóricos prehistóricos, como mámoas, castros e petroglifos. Os máis destacados -ademáis do Fentans- son os complexos rupestres localizados na parroquias de Viascón onde se atopan os gravados rupestres de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Seguir lendo

Serra do Cando

15 roteiro serra do cando

O Lugar de Interese Comunitario Serra do Cando ocupa unha superficie de 5.458 hectáreas, e abarca os concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama, Beariz. Dacabalo entre Cotobade e A Lama, atopase o Monte do Seixo, un dos enclaves paradigmáticos desta serra.

Seguir lendo

Igrexa de Santa María de Sacos

12 cotobade igrexa santa maria de sacos

Igrexa de finais do século XII de orixe románico, No exterior presenta unha fachada con portada de dúas arquivoltas, lixeiramente apuntadas, sen decorar. Destacan nesta igrexa os motivos fantásticos como os canzorros dá as fachada que presenta un acróbata e un home coas mans nos xenitais, ou as esculturas do muro piñón nas que un carneiro e un lobo sosteñen a cruz.

Seguir lendo

Igrexa de Santo André de Valongo

07 iglesia san andres de valongo

Santo André de Valongo é unha igrexa de estilo barroco que data de 1720. A torre e o campanario, foron reformados a mediados do XIX. no ano 1854 incorporando un reloxo no ciborio. A fachada posúe unha fornela sobre a portada principal coa figura de San Pedro crucificado.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea