Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Na actualidade o espazo local está sometidos a procesos continuos de cambio debido á aparición de novos escenarios sociais. Isto esixe un cambio de rumbo na planificación urbanística que axuste os tradicionais diagramas sectoriais a novos esquemas transdisciplinares que permitan resolver os problemas de accesibilidade. En Terras de Pontevedra estas dificultades estanse abordando de xeito consciente e responsable tanto no ámbito urbano, en que a cidade de Pontevedra, é unha referencia como nas contornas naturais.

Na súa oferta turística, tanto a mancomunidade turística, como os concellos pertencentes a mesma, incorporaron diferentes iniciativas que pretenden facilitar o acceso e asegurar experiencias de recreo e educativas a todas aquelas persoas que por distintas circunstancias teñen limitadas as súas condicións intelectuais, sensoriais e motoras asumindo como obxectivo unha maior equidade social

Nas praias, por exemplo, os concellos de Marín e Poio para que todas as persoas, incluíndo aquelas con discapacidade, poidan gozar da praia e do baño adaptaron acesos e dotaron as mesmas de  novas instalacións e servizos.

Aparacamentos próximos á praia con prazas reservadas para PMR, ramplas con pendentes inferiores ao 6%, e anchos homologados, cadeiras anfibias e persoal de apoio ao baño están presentes na tempada alta para facilitar a súa utilización por Persoas de Mobilidade Reducida (PMR).

Pontevedra Integradora

terras de pontevedra cadeira rodas

Pontevedra transformouse nos últimos anos nunha cidade integradora cun modelo de mobilidade de referencia global, que fai especial énfases na peonalización e na adaptación urbanística dirixida ás persoas de mobilidade reducida. Como consecuencia diso recibiu numerosos premios entre os que destaca o Premio ONU-Hábitat dás Nacións Unidas.

Seguir lendo

Praias accesibles

 0001 portocelo playa accesible

Para que todas as persoas, incluíndo aquelas con discapacidade, poidan gozar da praia e do baño é necesario que esta teña unhas instalacións que faciliten a súa utilización a persoas de mobilidade reducida.  Terras de Pontevedra é consciente diso e oferta praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados.

Seguir lendo

Terras en cadeira de rodas

pontevedra integradora2

Terras de Pontevedra colabora con Cogami, (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no deseño dunha oferta turística para para discapacitados. Esta colaboración deu como primeiro resultado a elaboración dun catálogo de recursos turísticos que permiten gozar do patrimonio artístico, a natureza, o sendeirismo ou a praia ás persoas de mobilidade reducida no territorio desta mancomunidade turística.

Seguir lendo

Ruta sensorial Illa do Covo

ruta para todos illa covo

Co programa Rutas para todos na Illa do Covo, as persoas con discapacidade tamén poden realizar un percorrido que subliña tanto a natureza circundante como as pezas de arte que a habitan e a converten nun museo ao ar libre. Esta é unha ruta adaptada para públicos con capacidades diversas na que se explote todo o potencial sensorial.

Hoxe as cidades están sometidas a procesos continuos de cambio, con novos escenarios e ritmos sociais, o que esixe modelos urbanísticos axeitados que adapten os seus diagramas sectoriais a novos esquemas para resolver os problemas de accesibilidade, especialmente en contornas naturais. En Pontevedra estase a abordar de xeito responsable esta cuestión, facilitando experiencias educativas e de recreo a todas aquelas persoas que teñen limitadas as súas condicións intelectuais, sensoriais e motoras.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea