Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Museo Manuel Torres

museo manuel torres

O museo 'Manuel Torres' xorde a raíz da doazón do pintor Manuel Torres ao Concello de Marín de 77 das súas obras. Posue unha ampla colección deste  recoñecido pintor, nado en Marín en 1901 e distintas salas que acollen exposicións temporais.

Influído principalmente por Carlos Maside, ao que lle unía unha grande amizade, Manuel Torres traballou en varios xornais, onde publicou viñetas e debuxos que deixaban ver a súa admiración polo estilo e sátira de Castelao. A súa ampla traxectoria abrangue case todas as disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, xunto a un elevado número de debuxos a lapis, tinta e esculturas.

O resto das salas do museo recollen exposicións temporais de artistas plásticos contemporáneos e artesáns.

Información

Dirección

Av. De Ourense s/n.
Marín
36900
Teléfono: +34 986 891 186
Fax: +34 986 890 452
museo.torres@concellodemarin.es

Aceso

Aceso en vehículo pola estrada PO-1303, ao chegar a Marín desvío pola estrada PO-11.

Info útil

Horario:
Verán e Inverno: Todolos días de 11.00 a 14.00 h.
Martes a venres: 11.00 a 14.00 h e 18.00 a 21.00 h.
Festivos pechado
Entrada gratuita
Biografía de Manuel Torres: www.concellodemarin.es

 

Como Chegar ao Museo Manuel Torres

Código QR

qr marin museo municipal de marin manuel torres

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.392910
Lng: -8.698754

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'34.5"N
Long: 8°41'55.5"W

Tags: museo, marin, manuel torres, pintor

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea