Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Museo do Mosteiro de Poio

A oferta turística de Terras de Pontevedra é tan ampla que permite conxugar o deporte co descanso, o lecer coa cultura, e qué mellor lugar para gozar da cultura que os museos da mancomunidade.


Sería mágoa deixar de visitar o Museo Provincial de Pontevedra, no casco vello da cidade de Pontevedra (Conxunto Histórico-Artístico), considerado coma o máis importante de Galicia, de entrada de balde (agás extracomunitarios) é un excelente referente para coñecer o pasado da zona. Tamén o Museo do Mosteiro de Poio (Monumento Histórico-Artístico), asentado en Poio desde aló menos o século X, é un bo lugar para achegar ao visitante á cultura e arquitectura da zona, contando - entre outros atractivos- cunha antiga biblioteca de máis de 100.000 volumes. O Museo Manuel Torres de Marín amosa unha boa parte da obra do excelente pintor Manuel Torres, e permite coñecer a través dela a cultura e tradicións da zona.

O Pazo da Cultura de Pontevedra tamén atrae actividades e exposicións que se reproducen ao longo do ano. O Teatro Principal de Pontevedra, se ben non acolle exposicións, tamén é lugar de encontro de numerosos espectáculos musicais, teatrais e de danza.

A Obra Social Caixa Galicia ou a Obra Social Caixanova traen á cidade de Pontevedra durante todo o ano exposicións temporais do máis alto nivel. Aconsellamos ao visitante informarse durante a súa estancia porque de seguro haberá algunha que satisfaga os seus intereses. Estas mesmas entidades organizan eventos de todo tipo e para todos os gustos (concertos, obras teatrais, ópera, danza).

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea