Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Praias de Marín

O Concello de Marín é o primeiro concello en Galicia en dispor da certificación EMAS de xestión medio ambiental para as súas praias. Un distintivo de calidade que recoñece a unhas praias de auga cristalina e area fina nas que a cor verde da natureza mestúrase co azul do ceo tinguindo de esmeralda ao mar.  Son Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, A Coviña, e Lapamán unha escolma do mellor das Rías Baixas.


Marín ofrécenos unha estampa marabillosa no seu litoral, con praias resgardadas de auga cristalina e area fina coa vexetación como telón de fondo. Cinco das súas seis praias posúen a certificación EMAS de xestión medioambiental para as súas praias, demostrando deste xeito o firme compromiso do Concello de Marín cara o medio ambiente.  As praias incluídas dentro desta certificación son: Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, A Coviña

Portocelo

playa de portocelo

Praia rectilínea, de area dourada combinada con pequenas pedriñas, situada nun ámbito urbano, as proximidades do núcleo de Marín. Comunicada coa praia de Mogor por un paseo que discorre baixo a sombra de piñeiros e eucaliptos. Con augas tranquilas, propicias para o baño e os deportes acuáticos: esquí náutico, motonáutica e windsurf (con límite de 150 metros á costa).

Seguir lendo

Mogor

playa de mogor

Praia en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada nun entorno semiurbano. Caracterizada polo seu recollemento e as súas augas quedas e temperadas. Bordeada no seu límite sur por unha frondosa fraga sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos: vela, esquí náutico, motonáutica, windsurf (con límite de 150 metros á costa). Con fermosas vistas da ría de Pontevedra.

Seguir lendo

Praia de Lapaman

playa de lapaman

Praia en forma rectilínea, coa area máis branca e fina de todas as praias do municipio. Situada nun ámbito forestal, á dereita da illa de San Clemente e contigua á praia de San do Mar. Caracterizada polas súas augas tranquilas, cálidas e cristalinas, ideais para gozar do baño. Con zona de fondeo de embarcacións e bo equipamento.

Seguir lendo

Praia de Santo do Mar

playa del santo

Praia en forma rectilínea, de area branca e fina, combinada con cantos rodados. Situada nun entorno rural, a Praia do Santo está caracterizada polas súas augas quedas ideais para gozar do baño.

Seguir lendo

Loira

playa de loira

Praia en forma rectilínea, de area dourada e fina, situada nun ámbito semiurbano. Nas súas inmediacións poden contemplarse as construcións típicas dun porto mariñeiro, con vivendas representativas da arquitectura popular costeira, pintadas de branco, de dúas plantas, con balcón corrido e voado sobre ménsulas de madeira ou pedra.

Seguir lendo

Aguete

playa de aguete


Ampla praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, augas tranquilas, dotada de bo equipamento e situada nun ámbito semiurbano. O porto de Aguete supón unha atractiva recalada que debe efectuarse con coidado, pois está construído aproveitando as rochas do cabo Aguete, pero este despide unha restinga que se estende case un cuarto de milla e revira cara ao norte nun illote visible. Fondeo de embarcacións á áncora e con bloques.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea