
Centro Histórico de Combarro
Situado fronte á illa de Tambo, o Centro Histórico de Combarro, é visita obrigada para todo aquel que se achegue a coñecer Poio. O visitante non pode perderse o encanto deste pobo mariñeiro, que polo seu feitizo foi nomeado Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco en 1972
As vivendas dispóñense en torno a un eixo lonxitudinal, a rúa de San Roque, da que saen outras rúas máis pequenas que descenden até o mar. Distínguense tres tipos diferentes de casas:a “terreña” (casa pequena que antigamente tiña chan de terra), a “labrega” (máis ampla e con porta grande para a entrada dos carros de bueyes, e as de “sobrado”, parecida á anterior de planta baixa e piso na que planta baixa era usada como almacén para aparellos de pesca ou apeiros de labranza.
Pero o elemento máis salientábel do conxunto son os máis de 30 hórreos que se dispoñen en torno á costa, e que forman un dos maiores conxuntos de Galicia. A función destes hórreos de almacentamento apórtanos a imaxe dun pobo no que o agrícola e o mariñeiro se mesturan formando un conglomerado particular.
Tamén cabe subliñar os numerosos cruceiros dispostos entre as pequenas rúas empedradas, elementos relixiosos populares que, xunto aos hórreos, forman parte da paisaxe tradicional galega. llevar a cabo, y cuale
Audioguía do Centro histórico de Combarro
Descargar audioguía do Centro histórico de Combarro
Información
Dirección
Combarro
Poio
36993 Pontevedra
Aceso
Dende Pontevedra dirección Sanxenxo pola PO-308.,
Info útil
No resulta doado aparcar en verano. Hai, non obstante, aparcamentos na Avenida da Costa, e nas inmediacións do muelle deportivo.
Como chegar ao Centro Histórico de Combarro
Código QR
Usa a nosa xeoguía
Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.
Coordenadas
Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.4305807
Lng: -8.70673779
Coordenadas por grados (DMS):
42°25'50.1"N
8°42'24.3"W