Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Pontevedra, estate a esperar para vivir experiencias únicas!

Esta engaiolante cidade, posúe un centro histórico-artístico realmente excepcional. Famosa polas súas singulares prazas de nomes gremiais, repletas edificios brasonados, en Pontevedra danse cita os máis diversos estilos arquitectónicos: románico, gótico, plateresco, barroco..., Pero tamén o culto e o popular, o laico e o relixioso, a vitalidade e a calma. Todo configura un espazo singular que chama a atención polo amigable das súas rúas cheas de non só de monumentos, senón de xente que vive nunha cidade amable, conservada e modélicamente sostible.

E é que en Pontevedra, cidade hospitalaria, e cordial, todo está a un paso. Dende excelentes museos, como o Museo de Pontevedra, cunha colección de xoias únicas en Europa, con mais de 4000 anos de antigüidade, pasando por monumentos de diferentes estilos artísticos, como, a Basílica de Santa María, as góticas Ruínas de San Domingos, a Igrexa da Peregrina, patroa da cidade, San Francisco  ou barroco San Bartolomeu hastra os numerosos pazos e edificacións singulares que adornan prazas como a Praza da Leña, Teucro ou Ferraria. Ademais compre non esquecer que, Pontevedra tamén é cidade de ocio, boa gastronomía e festa. Demóstrano os centos de locais, espallados por todas as prazas e xardíns da cidade, con acolledoras terrazas onde poder degustar a rica gastronomía da zona.

Audioguía do Centro Histórico de Pontevedra

altavozDescargar audioguía do Centro Histótico de Pontevedra

 

Casco histórico de Pontevedra

O casco histórico de Pontevedra, declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1951, é un dos mellores conservados de Galicia, xunto co de Santiago de Compostela, e testemuña indiscutíbel do esplendor medieval da cidade, cando Pontevedra aínda estaba profundamente ligada ao mar.

Seguir lendo

Os Petroglifos de Salcedo

 

Unha coincidencia dos petroglifos da parroquia de Salcedo é a sermos dos primeiros en ser estudados en Galicia. O de Outeiro da Mina foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na "Historia de Galicia" de Manuel Murguía en 1901. O de Mato das Cruces foi mencionado por Celso García de la Riega no ano 1904. E no famosos “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos, o pioneiro Ramón Sobrino Buhigas menciona ao de Vilar de Matos.

Seguir lendo

Praza da Leña

02 praza da leña

A Praza da Leña é un dos emprazamentos mais pintorescos, visitados e fotografados do casco histórico de Pontevedra. No pasado era un punto do comercio da leña,  pero na actualidade hai multitude de locais de tapas con pracenteiras terrazas onde podemos gozar da rica gastronomía da zona. 

Seguir lendo

Basílica de Santa María A Maior

13 basilica santa maria

 

A Basílica de Santa María é sen dúbida o mellor exemplo de arquitectura relixiosa de toda a cidade. Construída no S. XVI a iniciativa do Gremio de Mareantes, conxuga o gótico tardío co Renacemento. Chea de lendas, as pedras da súa fachada acollen representacións tan singulares como unha vista da cidade en pedra ou un santo con anteollos.

Seguir lendo

Praza da Ferraría

04 praza da ferraria

 A Praza da Ferrería é sen dúbida unha das prazas máis emblemáticas, populares e queridas de Pontevedra. Foi chamada así porque no pasado os profesionais que traballaban o ferro, os ferreiros, tiñan o seu negocio baixo os soportais da praza. É un lugar de encontro, de actos culturais ou de xogo para os pequenos, e onde están algunhas das terrazas de mais sona da cidade.

Seguir lendo

Convento de San Francisco

05 convento de san francisco

 

Construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor. Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. No seu interior podemos destacar a sepultura de Paio Gómez Charino, trobador, almirante do mar, pertencente a unha das familias nobres da época.

Seguir lendo

Illa das Esculturas

 

Paseando tranquilamente desde o centro da cidade, a través de pontes e pasarelas peonís, pódese acceder á Illa da Xunqueira. Trátase dunha illa fluvial a onde chegan as mareas, situada no tramo final do río Lérez, declarado espazo natural protexido de Interese Comunitario, que alberga un espectacular museo de arte contemporánea ao aire libre.

Seguir lendo

Museo de Pontevedra

03 museo de pontevedra

 

Tanto pola calidade como pola variedade dos seus fondos o Museo de Pontevedra está considerado como un dos museos provinciais máis importantes de España. Foi fundado en 1927 baixo os auspicios da Deputación Provincial presidida por Daniel da Sota e Valdecilla, o Museo de Pontevedra é tamén un destacado centro de investigacións e alberga un arquivo e biblioteca dos máis valiosos de Galicia. O percorrido polos seus edificios e salas é unha visita a historia, a arqueoloxíaa e á arte galegos.

Seguir lendo

Praza do Teucro

07 praza do teucro

 Segundo conta a lenda, o arqueiro grego Teucro, medio irmán de Ajax, logo da Guerra de Troia, viaxou a Occidente e fundou a cidade de Pontevedra. A elite renacentista da cidade deulle ánimo a este mito para ennobrecer e prestixiar a vila. Nesta praza, unha das máis fermosas de Pontevedra, podemos contemplar varios edificios interesantes como o Pazo dos Gago e Montenegro e fronte a el, o Pazo do Conde de San Román.

Seguir lendo

Santuario da Peregrina

06 a peregrina

 

O Santuario da Virxe Peregrina, no que se venera á nosa Señora a Virxe Peregrina, é un dos edificios máis representativos da cidade de Pontevedra. Construído no século XVIII, a súa planta recorda a forma dunha concha de vieira, símbolo universal da peregrinación a Santiago

Seguir lendo

Pazo de Mugartegui

17 pazo de mugartegui

 

Está situado na Praza da Pedreira, así chamada polas actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade. Construído durante os séculos XVII -XVIII, o Pazo de Mugartegui é un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea