Mancomunidade de Terras de Pontevedra

¿Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa?

Galicia alberga un dos máis importantes conxuntos de arte rupestre ao aire libre da Península Ibérica. Situados preto dos grandes cursos de auga e do mar, enriba de pequenas rochas s, a maior concentración de petroglifos témola nas Rías Baixas, e singularmente en Terras de Pontevedra, ben na costa ou nos vales fluviais .

Dentro desta zona localízase o río Lérez, que no seu curso medio forma un amplo val, integrado por terreos pertencentes aos municipios de Campo Lameiro, Cotobade, nas parroquias de Fentans e Viascón, e Pontecaldelas no que coinciden tanto a maior cantidade de rochas gravadas, coma a maior diversidade de motivos e algunhas das composicións de maiores dimensións.

As tipoloxías son diversas: dende os máis simples buratos (cazoletas), pasando por combinacións circulares, espirais, armas, ata animais (Cérvidos, cabalos, serpes) e representación humana. Menos frecuentes serían os labirintos, as esvásticas, os ídolos e os zigzag.

O Parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro, as áreas arqueolóxicas da Caeira (Poio) e Tourón (Ponte Caldelas) e os Labirintos de Mogor (Marín) incorporáronse recentemente ao Patrimonio Cultural europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, entidade amparada polo Consello de Europa que agrupa a todos os grandes destinos turísticos europeos baseados na Prehistoria como como Niaux ou Isturitz, en Francia ou Altamira, en Cantabria.

Turismo familiar: de petroglifos con Petra

Terras de Pontevedra aposta por potenciar a arte rupestre para as familias e faino a través de "Petra", unha nena artista da idade de bronce que presenta aos nenos os lugares máis significativos do patrimonio rupestre da comarca.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea