Mancomunidade de Terras de Pontevedra

¿Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa?

Galicia alberga un dos máis importantes conxuntos de arte rupestre ao aire libre da Península Ibérica. Situados preto dos grandes cursos de auga e do mar, enriba de pequenas rochas s, a maior concentración de petroglifos témola nas Rías Baixas, e singularmente en Terras de Pontevedra, ben na costa ou nos vales fluviais .

Dentro desta zona localízase o río Lérez, que no seu curso medio forma un amplo val, integrado por terreos pertencentes aos municipios de Campo Lameiro, Cotobade, nas parroquias de Fentans e Viascón, e Pontecaldelas no que coinciden tanto a maior cantidade de rochas gravadas, coma a maior diversidade de motivos e algunhas das composicións de maiores dimensións.

As tipoloxías son diversas: dende os máis simples buratos (cazoletas), pasando por combinacións circulares, espirais, armas, ata animais (Cérvidos, cabalos, serpes) e representación humana. Menos frecuentes serían os labirintos, as esvásticas, os ídolos e os zigzag.

O Parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro, as áreas arqueolóxicas da Caeira (Poio) e Tourón (Ponte Caldelas) e os Labirintos de Mogor (Marín) incorporáronse recentemente ao Patrimonio Cultural europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, entidade amparada polo Consello de Europa que agrupa a todos os grandes destinos turísticos europeos baseados na Prehistoria como como Niaux ou Isturitz, en Francia ou Altamira, en Cantabria.

Os Petroglifos de Salcedo

 

Unha coincidencia dos petroglifos da parroquia de Salcedo é a sermos dos primeiros en ser estudados en Galicia. O de Outeiro da Mina foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na "Historia de Galicia" de Manuel Murguía en 1901. O de Mato das Cruces foi mencionado por Celso García de la Riega no ano 1904. E no famosos “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos, o pioneiro Ramón Sobrino Buhigas menciona ao de Vilar de Matos.

Seguir lendo

Chan da Lagoa

01 campo lameiro chan da lagoa I

Situada á beira do lugar de Parada, na parroquia de Montes, Chan da Lagoa ofrece numerosos gravados nas súas dúas estacións rupestres, a de Chan dá Lagoa e a de Outeiro de Chan dá Lagoa.

Seguir lendo

Os Gravados rupestres de Fentáns

O concello de Cotobade alberga numerosos gravados rupestres. Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados. Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro.

Seguir lendo

Labirintos de Mogor

Propoñemos un bo plan para o visitante: pasar un fermoso día na praia de Mogor, e rematar o día cunha achega aos seu famosos petroglifos, contemplando a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto baixo a atenta mirada do mar no solpor

Seguir lendo

Pedra do Cervo

pedra do cervo

 A  Pedra do Cervo é o petróglifo máis significado da estación de “Campo de Cuñas”, que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Nela represéntanse algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho con tres lanzas nas costas.

Seguir lendo

Centro Arqueolóxico da Caeira

00 caeira expo

O municipio de Poio acolle varios conxuntos de petróglifos da Idade do Bronce. Da importancia destes gravados rupestres da conta o Centro Arqueolóxico da Caeira, situado no centro á beira da oficina de turismo de San Salvador detrás do coñecido como Casal de Ferreirós.

Seguir lendo

Parque Arqueolóxico (PAAR)

terras campo lameiro 0010 09 poboado

Pasear polo Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro é unha verdadeira experiencia para os sentidos. Patrimonio Cultural e paisaxe dánse a man e desvelan a maxia das pedras ao contemplar os principais motivos e escenas plasmados nos gravados rupestres galegos no contexto ambiental que lle da sentido.

Seguir lendo

Castro de Penalba e Pedra da Serpe

03 campo lameiro c pedra da serpe

Considerado como un dos castros máis antigos de Galicia (VIII - VII a. C.), o Castro de Penalba está situado no alto do monte nun outeiro granítico de 423 metros de altitude. Consta de dúas terrazas. A inferior esta circundada por unha muralla de pedra que tiña como funcionalidade, ademais da defensiva, a de conter a terra para permitir o asentamento. Na superior atopamos a ermida , onde se celebra a tradicional romaxe de Santo Antoniño de Penalba, e a coñecida Pedra da Serpe.

Seguir lendo

Os Petroglifos de Viascón

terras 0009 cotobade viascon portela da laxe 03

Cotobade conserva numerosos restos prehistóricos prehistóricos, como mámoas, castros e petroglifos. Os máis destacados -ademáis do Fentans- son os complexos rupestres localizados na parroquias de Viascón onde se atopan os gravados rupestres de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Seguir lendo

Área arqueolóxica de Tourón

O concello de Ponte Caldelas presenta numerosos recursos rupestres. Os mais significativos están na parroquia de Tourón onde se atopa un dos complexos de arte rupestre ao aire libre mais singulares do territorio galego, a Área arqueolóxica de Tourón, un recinto de máis de 150.000 metros cadrados que nos permite visitar cinco estacións con gravados nunha ruta de grande beleza paisaxística.

Seguir lendo

Área Arqueolóxica da Caeira

terras poio 0003 caeira axe das lebres 04

A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres situado na Caeira, no lugar de Boa Vista, en Poio. A palabra "caeira" significa ladeira empinada, e nunha destas “caeiras”, a do Monte Tomba, a 150 m de altitude, atopamos máis dunha véntena de gravados e petróglifos. Tres deses conxuntos  teñen a a distinción de Monumento Histórico Artístico: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea