Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • como viaxar
  • pola miña conta

Como visitar terras de Pontevedra

En avión

Galicia conta con tres aeroportos que farán a súa viaxe rápida e pracenteira: O aeroporto de Peinador en Vigo, a 30 Km.; o de Lavacolla en Santiago de Compostela a 75 Km Todo eles están conectados con autoestrada ata a cidade de Pontevedra.

Aeropuerto de Peinador - situado a 9 kms do centro de Vigo e 28 kms do centro de Pontevedra.
Destinos: Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Tenerife, Valencia e París.
Teléfono: 902 404 704/913 211 000 (persoas con discapacidade auditiva)
Página Web: www.aena-aeropuertos.es

Aeropuerto de Lavacolla - situado a uns 10 km. ao nordeste de Santiago de Compostela.
Destinos: Alicante, Barcelona, Bilbao, Gran Canaria, Lanzarote, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife, Frankfurt, Ginebra, Londres, Milán.
Teléfono: 902 404 704/913 211 000 (persoas con discapacidade auditiva)
Página Web: www.aena-aeropuertos.es
 

En automobil

É doado xa que La autovía das Rías Baixas (A-52) comunica Pontevedra coa meseta central e Madrid. Esta vía enlaza coa autovía do Cantábrico o que permite un acceso dende toda a zona norte e Pontevedra esta comunicada pola Autoestrada do Atlántico (AP9)  que vertebra a Galicia costeira de norte a sur pasando polas cidades máis importantes da comunidade galega.
Dende Portugal á-3 conecta cidades portuguesas como Lisboa, Braga ou Porto coa AP-9 que chega a Pontevedra.
Se vas a visitarnos podes solicitar máis información na Páxina de incidencias de la DGT ou na web de Turismo de Pontevedra.
 
 

Como chegar a Terras de Pontevedra: use o noso servizo de xeoguía

  • Introduza a súa dirección de orixe no formulario inferior separado por comas, indicando rúa, cidade e pais. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
  • Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema de google maps poña o codigo postal de orixe en lugar da dirección da rúa.
  • Pulse ao final en obter direccións e o noso servizo devolveralle un itinerario completo de acceso a Casa da Luz con cálculo de tempos.

Contacto

Terras de Pontevedra
Casa da Luz, Praza da Verdura s/n 36002 - Pontevedra

Para poder consultar a oferta oferta cultural, lúdica e educativa do Pontevedra, abonda con consultar a súa páxina web: www.visit-pontevedra.gal

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea