Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Premios Terras de Pontevedra 2017

Premios de Comunicación turística Terras de Pontevedra

Concursa nos Premios de Comunicación turística Terras de Pontevedra

Os Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra” teñen como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra (concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) a través das ferramentas de comunicación máis novidosas e innovadoras, e onde a implicación e participación de centros galegos de ensino de Bacharelato, FP, Ensinanzas Artísticas Superiores e a Universidade e dos seus estudantes cobran un especial protagonismo.

Categorías

Existen dúas categorías de participación nos Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra”:

  • Microvídeo para Facebook: cunha duración máxima de 40 segundos.
  • Post para Facebook: podendo incluír no mesmo, textos, imaxes, debuxos, composicións etc.

Tanto os microvídeos como os post que se desexen presentar aos premios deberán ter pois como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra, en concreto o referente ao patrimonio turístico material ou inmaterial referente a ámbitos tan diversos como os da arte rupestre ou o resto de representacións artísticas, as praias, a cultura, as festas e tradicións, a artesanía, os recursos naturais, a gastronomía, etc.

¿Quén pode participar neste premios?

A participación nos premios pode facerse a través dun centro de ensino de Galicia ou de xeito personal no caso dos maiores de idade.

  • Os centros galegos de ensino de Bacharelato, FP, Ensinanzas Artísticas Superiores e a Universidade poderán participar cun máximo de 2 traballos por clase e centro (dunha ou repartidos entre ambas categorías, microvídeo e post).
  • Do mesmo xeito, os estudantes maiores de idade matriculados nos centros galegos de ensino de Bacharelato, FP, Ensinanzas Artísticas Superiores e Universidade poderán participar de xeito personal cun máximo de  2 traballos (dunha ou repartidos entre ambas categorías).

Inscrición

Se queres participar nos Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra” podes inscribirte a través da seguinte ligazón: https://premium.easypromosapp.com/p/815364 onde deberás de encher o Formulario de inscrición e adxuntar o(s) teu(s) traballo(s).

O prazo de inscrición é o comprendido entre o 5 de outubro e o 17 de novembro deste ano 2017.

Votacións e premios

Unha vez finalizado o prazo de inscrición abrirase un novo prazo para realizar a fase da votación popular dos traballos presentados. Este prazo é o comprendido entre o 18 e o 27de novembro deste ano 2017.

Finalizada a votación popular, o Xurado destes Premios elixirá de entre os tres primeiros clasificados de cada categoría (microvídeo e post) durante a votación popular os gañadores finais de cada categoría.

A finais de novembro, e en lugar por determinar procederase a comunicación e entrega dos Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra”, dotados dunha contía de 500€ cada un.

Bases completas

Se queres consultar as bases completas podes facelo premendo na seguinte ligazón:

 Descargar pdf "Bases Premios de Comunicación turística Terras de Pontevedra"

Premios novo prazo

Etiquetas: concurso

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea