Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Novas
  • Fallados os Premios de comunicación turística Terras de Pontevedra

Fallados os Premios de comunicación turística Terras de Pontevedra

microvideo ganador pedro tizon

Pedro Tizón Otero,   estudante do Grao de Comunicación Audiovisual, foi premiado na categoría de microvídeos e a Clase de 1C do IES A Xunqueira foi a gañadora na categoría de Post. Ao concurso presentáronse 73 traballos dos que 14 foron microvídeos e os 59 restantes participaron na categoría de post.

A Mancomunidade Terras de Pontevedra, mediante o Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, promoveu os “Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra” coa finalidade de dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra, a través das ferramentas de comunicación máis novidosas e innovadoras, e coa implicación e participación de centros galegos de ensino de Bacharelato, FP, Ensinanzas Artísticas Superiores e a Universidade e dos seus estudantes. Impartíronse un total de 17 sesións formativas sobre recursos turísticos, creación audiovisual e redes sociais en 6 centros de ensino diferentes.

Dos 73 traballos presentados aos premios, 14 foron microvídeos e os 59 restantes participaron na categoría de post, repartidos todos eles entre participacións a modo individual ou ben polos centros de estudos (6) nos que participaron un total de 12 clases diferentes.

Unha vez finalizada a fase de votación popular na que se contabilizaron un total de 2.163 votos, os participantes finalistas de cada unha das categorías foron

Categoría de microvídeos

  1. Pedro Tizón Otero con 373 votos.
  2. Francisco Ferreirós Rodríguez con 314 votos.
  3. María Cardama García con 147 votos.

Categoría de post

  1. Clase de 1C do IES A Xunqueira I (representada por J.M. Castro Poceiro) con 171 votos,
  2. Paula Balvís Quintáns con 167 votos  
  3. Sandra Querubin Carlin con 153 votos

Na seguinte ligazón pódense visionar todos traballos presentados aos premios podéndose ordenar a listaxe polos máis votados:

https://premium.easypromosapp.com/entries/815364/sort:votes/direction:desc

Logo de analizados os traballos finalistas de cada unha das categorías, e tendo en conta diversos aspectos como a creatividade e orixinalidade dos traballos, a adecuación temática no referente á posta en valor do patrimonio turístico das Terras de Pontevedra nos ámbitos da arte rupestre, as praias, a cultura, a artesanía, os recursos naturais, a arte, a gastronomía, etc. dos concellos que forman parte da Mancomunidade, así como claridade, potencia e impacto da mensaxe, xunto coa calidade técnica e compositiva reflectida nos traballos, o xurado elixíu como

Gañador da categoría de microvídeos

"Spot Terras de Pontevedra", de Pedro Tizón Otero, estudante do Grao de Comunicación Audiovisual e maior de 18 anos.

  • Pedro Tizón - Operador de cámara/Director de fotografía
  • Adán Cordeiro - Montador
  • Dani Cornes - Música orixinal

Gañador da categoría de post

"Pontevedra, Terras de Premio" da Clase de 1C do IES A Xunqueira I, representada por J.M. Castro Poceiro cun traballo realizado por Isaac Gulías Otero

pontevedra terras de premio

Ambos gañadores serán recompensados con un premio de 500€ coa correspondente retención dos impostos.

Descargar pdf acta

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea