Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Novas
  • Terras de pontevedra actualiza a súa oferta hoteleira e de restauración

Terras de pontevedra actualiza a súa oferta hoteleira e de restauración

hoteles

A Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra ven de actualizar a oferta hoteleira, de restauración e turística da súa web. Actualizaráronse na páxina os recursos de arte rupestre de todos os concellos e incluíronse, por vez primeira, os de Barro e A Lama.

A Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra, integrada polos Concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Vilaboa, vén de actualizar, renovar e indexar grande parte dos fondos da súa páxina web www.terrasdepontevedra.org incluíndo as ofertas de Barro e A Lama, que están a piques de formar parte da Mancomunidade. Hoteis, restaurantes e recursos turísticos acaban de ser totalmente revisados e ampliados para ofrecer unha información máis completa e sinxela ao visitante da comarca turística Terras de Pontevedra.

 Ao respecto dos hoteis, procedeuse ao inventariado e actualización da información de 141 aloxamentos da comarca, categorizado por concellos e segundo o nomenclatura oficial das categorías de Turismo de Galicia. Con esta nova e máis completa información creáronse 300 páxinas html.

Cada aloxamento xera unha ficha na que aparecen a súa categoría, dirección, contacto, as coordenadas e a xeolocalización para que o visitante poida chegar ao hotel dende o seu punto de orixe.

Cada aloxamento xera unha ficha na que aparecen a súa categoría, dirección, contacto, as coordenadas e a xeolocalización para que o visitante poida chegar ao hotel dende o seu punto de orixe.

http://www.terrasdepontevedra.org/gl/onde-durmir.html

http://www.terrasdepontevedra.org/es/donde-dormir.html

Restaurantes e Recursos da Arte Rupestre.

No que aos restaurantes respecta, tamén se inventariou e actualizou a información de 249 restaurantes, e abríronse 241 fichas con xeolocalización e datos de contacto, e categorizados coa tipoloxía oficial (un garfo, dous garfos…), creando 500 páxinas html.

http://www.terrasdepontevedra.org/es/donde-comer-restaurantes.html

http://www.terrasdepontevedra.org/gl/onde-comer-restaurantes.html

Ao respecto dos recursos de arte rupestre, categorizáronse o de todos os concellos e incluíronse tamén os de A Lama e Barro, creando 18 páxinas especializadas cunha explicación de cada un dos recursos.

Fixéronse xeolocalizacións e incorporáronse fotos dos petróglifos de Castro Loureiro, Outeiro de Codeso en Barro; e os da Laxe das Puzas, A Pedra da Tartaruga e Outeiro de Seixiño, en A Lama. Tamén se fixo o mesmo procedemento no caso da Pedra do Cervo en Ponte Caldelas, e nos centros de arte rupestre da comarca.

En todos eles aparecen, ademais dunha explicación sobre o petróglifo, información sobre onde se atopa, como se pode acceder, as coordenadas, a xeolocalización ou un código QR con toda a información.

http://www.terrasdepontevedra.org/gl/arte-rupestre/barro/800-petroglifos-de-outeiro-de-codeso.html

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea