Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Novas
  • Terras de Pontevedra presenta unha nova oferta de arte rupestre dirixida ao turismo familiar

Terras de Pontevedra presenta unha nova oferta de arte rupestre dirixida ao turismo familiar

presentacion petra

Terras de Pontevedra aposta por potenciar a arte rupestre cunha oferta diferenciadora que se dirixe ao turismo familiar mediante "Petra", un personaxe de ficción que presentará aos nenos os lugares máis emblemáticos do patrimonio rupestre da mancomunidade.

A Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, mediante o Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia , está a traballar na potenciación do produto de Arte Rupestre buscando captar novos segmentos de mercado coma o Turismo Familiar e desenvolvendo diferentes actividades de promoción e comercialización do turismo na Comarca de Pontevedra.

Unha das claves desta proposta será “Petra”,  unha nena artista da Idade do Bronce, quen a través dunha historia introducirá ao mundo da Arte Rupestre, percorrendo os lugares máis emblemáticos deste  produto estrela e diferenciador no destino turístico Terras de Pontevedra.

 Descargar pdf "Ruta da arte rupestre con Petra"

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea