Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Natureza
  • Salinas de Ulló

Salinas de Ulló

vilaboa salinas de ullo

As salinas reciben o seu nome do baixo val chamado do Ulló, situado na parroquía de Paredes. A su importancia non e soamente etnográfica senón tamen natural, pois constitúen unha excelente atalaia para a observación da avifauna do LIC Enseada de San Simón

Os antecedentes das Salinas de Ulló remóntanse ao reinado de Felipe IV no século XVII cara o ano 1637. Estas salinas comezaron a ser explotadas polos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos.

A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un dos poucos muiño de mareas existentes en Galicia, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica. Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación e os restos das antigas casas que pertencían ás persoas que levaban a cabo esta labor.

As salinas son tamén o punto de inicio dun sendeiro homologado, o PRG-106 Sendeiro dos Muiños de Vilaboa e Chan do Vilar, que ascende ata o lago Castiñeiras, ao longo do río Trasmil, amostrando uns 15 muiños, algúns restaurados e outros en estado ruinoso, pero que dan á esta dificultosa subida un encanto especial.

As Salinas e Marisma de Vilaboa forman parte da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais que agrupa a Enseada de San Simón. Este espazo natural, debido ao alto interese das comunidades que conserva, participa no proxecto europeo Rede Natura 2000. Esta rede europea de lugares protexidos ten coma obxetivo principal preservar a biodiversidade. Medios naturais Nesta área podemos distinguir 4 ecosistemas: o bosque de ribeira, que acompaña aos cursos que desmbocan nas marismas; a carriceira, onde encora a auga doce; a marisma, nas augas salobres; e por último a enseada, de augas predominantes mariñas.

Medio natural

Nesta área podemos distinguir 4 ecosistemas: o bosque de ribeira, que acompaña aos cursos que desembocan nas marismas; a carriceira, onde se remansa a auga doce; a marisma, nas augas salobres; e para rematar a ensinada, de augas predominantes mariñas.

Bosque de Ribeira: Os pequenos rios chegan ao espazo acompañados dun bosque de ribeira, onde a árbore predominante é o Amieiro (Alnus glutinosa) e a ave mais chamativa é o Cardeal (pyrrhula pyrrhula).

Carriceira: A Galiñola bicuda (Rallus aquaticus) aniña no medio das densas masas de Carrizos (Phragmites australis) dende onde lanza desafiante a súa voz semellante a un rincho.

Marisma: A Garza real (Ardea cinerea) permanece inmóbil entre as altas matas de Xunco Mariño (Juncus marinus) á espreita dalgún pequeño vertebrado do que alimentarse.

Enseada: A chaira intermareal, cuberta en parte pola Ceba (Zostera marina), ten asociada a unha alta productividade un gran número de aves coma o Pato Asubiador (Anas penélope), con preto de 3.000 individuos.

Audioguía Salinas de Ulló

Descargar audioguía das Salinas de Ulló

Información

Dirección

Vilaboa
Pontevedra

Aceso

Aceso rodado para vehiculos, Amplio Parking. Estrada N-554 ao chegar a Toural, coller desvío.

Info útil

Estas salinas comezaron a ser explotadas polo colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. Hoxe só queda a estrutura da salina e unha pequena mostra que sinala a situación do antigo muíño de mareas. Dispón de sendas acondicionadas no seu contorno.

 

Como Chegar ás Salinas de Ulló

Código QR

qr vilaboa salinas de ullo

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.354500
Lng: -8.632667

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°21'16.2"N
Long: 8°37'57.6"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea