Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Natureza
  • Outros espazos naturais

Outros Espazos Naturais

Terras de Pontevedra, ademais de contar con varios espazos protexidos, dispón dun sen fin de espazos naturais de interese para visitar, a maioría deles testemuña da ampla relación da zona coa auga, atravesada por pequenos e medianos ríos que van dar ao mar a través de catro dos oito municipios que conforman este marabilloso territorio.


Esta relación terra - auga maniféstase na carballeira de San Xusto, precedente dun percorrido á beira do río; no lago de Castiñeiras; na illa de Tambo; na finca de Lourizán, rodeada de regatos e fontes; na illa das Esculturas, no espazo natural Río Barosa ou no entorno do río Verdugo. Tamén a Alameda de Pontevedra e os xardíns Vicenti atopan a súa relación coa auga nalgún dos fermosos recunchos que xera a súa natureza. Unha terra rica en auga e a cotío co beneficio do sol dá lugar a unha paisaxe de beleza sen precedentes.

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea