Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Natureza
  • Lago de Castiñeiras

Lagoa de Castiñeiras

terras vilaboa 0002 castineiras lagoa

Situado entre os municipios de Vilaboa e Marín atópase o Lago de Castiñeiras, un magnífico paraxe para pasar un día en plena natureza. A súa orixe artificial (foi creado en 1950) non é escusa para o seu encanto, constituíndo un verdadeiro paraíso natural subliñábel pola riqueza da súa flora e fauna.

A súa flora caracterízase polo predominio do carballo americano, o loureiro e o piñeiro; mentres que en canto á fauna, abundan as aves, especialmente as palmípedas. A abundancia de troitas nas súas augas converte este emprazamento en punto de encontro de pescadores na tempada de pesca. Cabe subliñar a existencia dunha Aula de Natureza que organiza visitas de grupos.

 

Miradoiro de Cotoredondo

De visita case imprescindíbel unha vez no lago é o Miradoiro de Cotorredondo, situado a uns dous quilómetros do lugar, antigo punto de observación forestal desde onde se pode admirar o espazo protexido LIC Enseada de San Simón, onde o visitante poderá contemplar conxuntamente, nunha estampa sen igual, a Illa de San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra.

Na contorna está tamén o denominado Miradoiro de Tres Rías, agasallaranos coa abundante vexetación de toxos, carballos, eucaliptos, piñeiros e loureiros que se dispoñen no seu entorno, xunto á diversidade da súa fauna, entre a que se atopan cervos, gamos, corzos, parrulos e outras especies de aves.

Accesibilidade ao recurso: só andando.

Audioguía da Lagoa de Castiñeiras

altavozDescargar audioguía da Lagoa de Castiñeiras

Información

Dirección

Lago de Castiñeiras s/n
Vilaboa, Marín
36913 Pontevedra

Aceso

Chégase dende as estradas locais que comunican o parque cos concellos de Marín, Vilaboa, Moaña e Pontevedra.
Accesibilidade ás inmediacións: andando, coche, autobús.
Accesibilidade ao recurso: só andando.
Estrada PO-101 (indicación Castiñeiras) desvío por Figueirido e subir ataa a estrada PO-103.

Info útil

Este área de recreo está situada ao bordo do lago Castiñeiras, lago artificial creado nos anos 50, e rodeado dunha flora e fauna variada. As especies que se poden atopar neste espazo son o carballo americano, o eucalipto, loureiro e o piñeiro que proporcionan abundantes sombras. En canto á fauna pódense ver, cervos, gamos e numerosas aves, algunhas palmípedes.

 

Como Chegar á Lagoa de Castiñeiras

Código QR

qr vilaboa lagoa de castineiras

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.362996
Lng: -8.674451

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°21'46.8"N
Long: 8°40'28.0"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea