Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Natureza
  • Illa das Esculturas

Illa das Esculturas

Paseando tranquilamente desde o centro da cidade, a través de pontes e pasarelas peonís, pódese acceder á Illa da Xunqueira. Trátase dunha illa fluvial a onde chegan as mareas, situada no tramo final do río Lérez, declarado espazo natural protexido de Interese Comunitario, que alberga un espectacular museo de arte contemporánea ao aire libre.

A illa, cuns 70.000m2, é unha paraxe singular dun gran valor pola súa riqueza natural, paisaxística e cultural, permitindo a poboación gozar das súas áreas recreativas, culturais, deportivas e de esparcemento.

A Illa da xunqueira do río Lérez está encravada na zona periurbana da cidade de Pontevedra. Posúe accesos directos a través de pontes e pasarelas que a comunican co entorno urbano. Esta situación de privilexio a converten nun lugar de recreo, paseo e descanso de incalculable valor, a escasos cinco minutos dende o centro da cidade.

A illa acolle a obra de doce afamados artistas internacionais. Doce obras de arte que se suman á da propia natureza, nunha das poucas iniciativas destas características existentes no mundo. A súa valía artística súmase a magnífica valía natural deste magnífico espazo. O material estrela destas obras é o granito galego, que é homenaxeado como elemento vital vinculado á economía, á cultura e ao pasado da zona. Non podemos esquecer que a provincia de Pontevedra e, fundamentalmente Terras de Pontevedra, destaca por concentrar unha das máis altas densidades en monumentos megalíticos de Europa Occidental, onde se poden atopar os maiores complexos de petróglifos e gravados rupestres.

Recoméndase acceder á Illa das Esculturas a través da pasarela peonil que cruza o río Lérez directamente á insua, xa que permitirá ao visitante comezar o circuíto polos camiños e pontellas do parque, situado á marxe esquerda.

Artistas e obras representados na Illa das Escuturas

Giovanni Anselmo, autor de 'Cielo acortado', integrado por un piar de granito negro.
Fernando Casás, autor dos '36 xustos', formado por 36 bloques de granito negro de Campo Lameiro espallados por 4.000 m2.
José Pedro Croft, autor de 'Cabanote sen portas nin xanelas', realizado en granito gris perla de Mondariz.
Dan Graham, autor de 'Pyramid', un xogo de poliedros piramidais en granito rosa de Porriño.
Ian Hamilton Finlay, 'Tetrarca', tres medallóns sobre outras tantas árbores en lousa verde de Lugo.
Jenny Holzer, autor dos oito bancos de granito gris de Arcade gravados con sentencias e consellas, que se dispoñen ao longo do paseo.
Francisco Leiro, Saavedra, autor de Zona de descanso, balsa de madeira.
Richard Long, autor de 'Línea de Pontevedra', un muro de cascallos de granito branco de 37 metros.
Robert Morris, autor de 'Laberinto de Pontevedra', labirinto circular de dous metros de alto realizado en granito e cuberto de lousa.
Irmáns Anne Patrick Poirier, autores de 'Uhna Folie o Pequeno Paraíso para Pontevedra', un xardín metálico.
Ulrich Rückriem, autor de 'Estela', un menhir nunha encrucillada de camiños.
Enrique Velasco, autor de 'Xaminorio xunquemenes abay', configurado por un camiño de xuncos.

(Lat: 42.4381045, Lng: -8.6342794)

qr pontevedra illa das esculturas

Etiquetas: pontevedra, illa das esculturas, illa do corvo, Natureza

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea