Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Natureza
  • Finca de Lourizán

Finca de Lourizán

Horario de visita:
Con vehículo: de luns a venres: 8:00 a 15:00 h.
Tardes e fins de semana: acceso sen vehículo.
Entrada: Libre.
San Andrés de Lourizán, a tres kilómetros de Pontevedra, pola estrada de Marín (N-550).

A finca de Lourizán é unha verdadeira alfaia do patrimonio botánico de Galicia e, por suposto, das Terras de Pontevedra. A súa relación desde os anos corenta coa ensinanza, primeiro como Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes, e na actualidade Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán, confírelle valor engadido na disposición dos elementos vexetais. Á súa riqueza natural cabe unir a importancia arquitectónica do pazo que acolle, así como a das numerosas fontes históricas que atopamos seguindo o camiño de acceso ao recinto.

Segundo avanzamos atopamos a fonte da cuncha (s. XVIII), a dos tornos (s. XVII) con lavadoiro, e a fonte-gruta dos espellos (s. XIX), que amosa un chamativo emprego do cemento da época xunto ao vidro de cores. Avanzamos até quedar abraiados fronte á fermosura do pazo (S. XIX), obra do arquitecto Genaro de la Fuente no que fai alarde dun marabilloso clasicismo modernista. Precisamente neste edificio prevese unha próxima localización do futuro Centro de Ciencias Ambientais dedicado á xestión sostíbel do monte en Galicia, que ademais estará dotado dun museo interactivo.

A estrutura do xardín continúa igual que nos tempos de maior esplendor do lugar, cando foi residencia de verán e descanso do político Montero Ríos, lugar de encontro de moitas personaxes ilustres da época. Así pois, trátase dunha composición realizada por xardineiros franceses, unha parte destinada ao cultivo da vide e outra a especies exóticas, entre as que se atopan cipreses, araucarias, cedros, magnolias, camelias, plátanos, eucaliptos e aligustres. Tamén se aprecia unha tendencia ao orientalismo manifestada a través dalgúns exemplares, coma o da árbore das pagodes na ala dereita do edificio, o fento arborescente de Tasmania ou a elección do céspede ofiopogon ou herba Mondo.

Cabe subliñar o impresionante invernadoiro de deseño modernista, único na comunidade polas súas dimensións e fábrica de metal e cristal. Tamén destacábeis son o alpendre e o hórreo de oito pares de pés (1798) situados parte traseira, xunto á estación meteorolóxica. Desde aquí parte un camiño cara ao bosque, onde se pode admirar unha ampla variedade de especies que enlaza cos sendeiros sombríos do regato dos Trois que atravesa parte do predio. Se ben este circuíto conduce á parte máis agreste, resulta de grande interese a plasticidade visual deste espazo, alén do propio interese científico.
Fonte: Turgalicia.

Audioguía de Finca de Lourizán

altavozDescargar

Etiquetas: Natureza

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea