Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Natureza
  • Entorno do río Verdugo

Río Verdugo

05 ponte caldelas rio verdugo

Entre os moitos ríos que descorren polo concello de Ponte CaldelasTerras de Pontevedra, adquire unha especial importancia o río Verdugo , co que se atopa fondamente vinculado.


O río Verdugo atravesa a vila e o municipio de Ponte Caldelas deixando nas súas beiras unha fermosa vexetación de ribeira que medra ao abeiro das súas augas cristalinas. Durante o seu percorrido atopamos elementos singulares que conforman un poema para os ollos e os oídos do visitante. De especial importancia son os Pasos da Fraga, os Pasos do Verdugo,  e a Praia fluvial da Calzada, de gran afluencia no verán. Tamén se conserva na marxe do río, á saída do casco urbano, os restos do que foi o antigo Balneario de Ponte Caldelas.

Os 'pasos' permiten vadea-lo río no antigo camiño Ponte Caldelas - A Lama. Para chegar aos Pasos da Fraga debemos tomar a saída de Ponte Caldelas en dirección á Cañiza e, antes de chegar a Caritel, tomar o desvío da esquerda a 'As Fragas', seguindo o coto de pesca chegaremos a 'Os Pasos'. A beleza deste lugar non radica unicamente na curiosidade destas 'pasarelas', senón tamén nos muíños, petos de ánimas e, por suposto, a magnífica paisaxe fluvial que se ergue ante os ollos do visitante.

De inigualábel beleza natural son as fervenzas coas que nos agasalla o río Verdugo, no lugar de A Roca, pero ao que deberemos acceder pola outra beira do río. Para poder visitalas desde o núcleo de Ponte Caldelas, haberá que partir dirección a Pontevedra e tomar a esquerda por Cuñas até atopar, a uns 2 quilómetros aproximadamente, a central hidroeléctrica. Desde alí, remontando o río con certa dificultade entre grandes penedos, o visitante obterá a súa recompensa na magnífica paisaxe que configuran as fervenzas.

 

 
 

Tags: Natureza

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea