Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

A riqueza cultural de Terras de Pontevedra maniféstase na diversidade de celebracións festivas que acolle. Historia, cultura, tradición e relixión dan lugar a un sen fin de festividades de toda índole: festas e romarías relixiosas, celebracións tradicionais pagás, celebracións de recreación histórica, feiras de exaltación gastronómica,...

Dentro da gran amplitude de actos festivos, cabe subliñar os máis sobranceiros. Terras de Pontevedra acolle varias festas de interese turístico, como a romaría de San Benitiño de Lérez, no municipio de Pontevedra, recoñecida como FESTA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL; e a Festa da Troita de Ponte Caldelas e o Entroido de Cobres, en Vilaboa, declaradas DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

Tamén interesantes son outras festividades, como a Feira Franca de Pontevedra, rememoración histórica da puxanza medieval da cidade do Lérez; a Festa dos Maios, conmemoración da chegada da primavera especialmente celebrada nos municipios costeiros; as Festas do Carme, propias tamén dos municipios costeiros, a romaría de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro; a de San Breixo e a do Santo da Remua en Barro; a Festa do Mar en Poio; ou a da Peregrina en Pontevedra.

Feira Franca

A Feira Franca de Pontevedra
O esplendor medieval de Pontevedra revívese na festa da Feira Franca, que ten lugar todos os anos na primeira fin de semana de setembro. Esta festividade ten a súa orixe no privilexio que o rei Henrique IV concedeu á cidade no ano 1467, cando autorizou a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, a festividade de San Bartolomeu.

Seguir lendo

San Bietiño de Lérez

San Benitiño de Lerez

A romaría de San Bieitiño de Lérez, declarada de Interese Turístico Nacional, é coñecida en toda Galicia. Esta sona é recollida nalgúns cantares populares, coma o famoso 'Se vas ao San Benitiño / non vaias ao de Paredes / que hai outro máis milagreiro / San Benitiño de Lérez'.

Seguir lendo

Madamas e Galáns de Cobres

madamas e galans entroido cobre

 De sábado a martes, dende o século XVIII, durante todo o día as madamas e os galáns de Cobres con atuendos moi rechamantes percorren os distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e Santo Adrán, acompañados por unha charanga, agasallando aos presentes coa popular Danza dos Cobres.

Seguir lendo

Festa do Mar

embarcacions tradicionais

Terras de Pontevedra é interior e é costa, é terra e é mar. A Festa do Mar ten precisamente como obxectivo principal realzar o patrimonio marítimo de Galicia. Esta celebración é unha das máis senlleiras do municipio de Poio, e ten lugar no mes de agosto na vila mariñeira de Combarro, de sempre profundamente ligada ao mar.

Seguir lendo

A Rapa das Bestas

rapa das bestas poio

Todos os anos a finais do mes de agosto celébrase no monte da Escusa (Castrove, San Xoán de Poio) e no concello de Cotobade as 'Rapa das Bestas', co cabalo como protagonista. Durante a 'Rapa', as xentes afánanse en apresar os cabalos que se atopan en estado salvaxe, aos que posteriormente marcan e cortan as crinas.

Seguir lendo

Festas da Peregrina

festas peregrina

As festas da Virxe da Peregrina, patroa da cidade de Pontevedra, teñen lugar todos os anos na segunda semana de agosto. Durante a 'semana grande' de Pontevedra, que comeza coa lectura do pregón desde o balcón municipal e a ofrenda á Virxe Peregrina, a cidade acolle a propios e estraños que se achegan á vila do Lérez para gozar das festas patronais.

Seguir lendo

Festa da Virxe do Carme

festas do carmen

As festas en honra á Nosa Señora do Carme teñen lugar o 16 de xullo en todas as poboacións mariñeiras. No municipio de Marín adquiren unha importancia especial ao constituír a festividade máis importante do ano, declarada de interese autonómico, pero tamén en Poio teñen un papel relevante no calendario festivo.

Seguir lendo

A Festa de San Miguel

danza espadas san miguel

A festa de San Miguel constitúe á súa vez un evento tradicional e unha festa xuvenil. Ao mediodía, ten lugar a antiquísima 'Danza das Espadas', Festas de Galicia de interese turístico a nivel autonómico, pero pola tarde da comezo o popularmente coñecido como 'San Migheleiro', no que os xoves marinenses, agrupados en diferentes peñas de amigos, percorren os locais de marcha sen reparar na cerveixa.

Seguir lendo

Feira de Cuspedriños

feira de cuspredinos

Feira de Cuspedriños ten lugar en San Xurxo de Sacos (Cotobade) e vén a recuperar o que constituíu a mediados do pasado século un dos máis importantes focos comerciais da zona. A vitalidade desta feira foi esmorecendo até desaparecer nos anos sesenta. Desde o pasado 2007 estase a recuperar esta iniciativa, coa celebración de polo menos dúas edicións anuais.

Seguir lendo

Os Maios

maios

Todos os anos, o primeiro de maio, ten lugar a celebración da Festa dos Maios nos municipios de Marín, Poio, Pontevedra e Vilaboa; que ateiga de cores os distintos municipios.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea