Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Cultura e Patrimonio
  • Mosteiro de San Xoán de Poio

Mosteiro de San Xoán de Poio

Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1970, o Mosteiro de San Xoán de Poio é un dos máximos expoñentes da arquitectura da comarca, tanto pola súa antigüidade e excelente estado de conservación, como pola súa valía artística. Por este motivo a súa visita resulta imprescindíble para todos os amantes da historia e da arte.

Se ben a súa data de fundación é difícil de precisar e só constatábel desde mediados do s. X, a súa orixe atribúese a San Frutuoso de Braga no s. VII. Precisamente desde o s. X rexístranse numerosos privilexios reais e nobiliarios que contribuíron ao esplendor do convento, no que se chegou a estabelecer, en 1548, un recoñecido Colexio Maior de Teoloxía. A exclaustración obriga aos monxes beneditinos a abandoar o convento en 1835, que non volverá a estar ocupado até 1890, cando os mercedarios o restauren e se instalen definitivamente.

Durante o Renacemento e o Barroco, as cuantiosas rendas que o mosteiro recibía, procedentes da explotación agraria e mariña, permitiron ir substituíndo as vellas edificacións medievais por outras novas e monumentais, levadas a cabo por importantes mestres da época: Ruíz de Pámanes, Mateo López, frei Gabriel de Casas, Pedro de Monteagudo.

Como legado desta etapa destacan ademais aspectos culturais como a Schola Cantorum e a célebre Salve de Poio, se ben a maior riqueza doada polo mosteiro é a súa inmensa biblioteca, que recolle máis de 100.000 volumes, ademais de lembranzas persoais do sacerdote Antonio Rey Soto, que habitou no mosteiro, entre as que se atopan debuxos de Castelao, cerámica de Sargadelos, etc.

O magnífico Claustro Procesional de corte renacentista con fermosas bóvedas estreladas, claves e ménsulas figuradas e unha fonte tipo chafariz no centro do patio, comézase a construír sobre 1565. Máis tardío é o Claustro da Portería (Claustro das Laranxeiras), datado na primeira metade do s. XVIII, para o que foi confeccionado un gran panel pola afamada Escola de Mosaicos, representando o Camiño de Santiago, e no que se expoñen ademais pezas pertencentes ao antigo mosteiro románico.

Tamén nesta etapa se construíu a igrexa monástica, datada entre finais do s. XVII e comezos do s. XVIII, que mistura o clasicismo renacentista dos planos iniciais con elementos barrocos que foi adquirindo durante a prolongación da súa construcción. Ademais do retablo maior, ornamentado coas características columnas salomónicas; destaca a súa solemne fachada, franqueada por dúas torres-campanario cunha portada con dous pares de columnas dóricas no corpo inferior e outros dous pares de corintias no superior. O interior da igrexa configúrase nunha única nave cuberta con bóvedas de canón e de arista, onde se abren tres pequenas capelas comunicadas entre si a través de arcos de medio punto sobre os que se sitúan varios balcóns. Máis tardíos son os dous patios paralelos e a capela, realizados cando a chegada dos mercedarios.

É suliñábel o hórreo que acolle a horta monástica, de 121 metros de lonxitude, excepcionalmente montado sobre tres filas de pés e considerado como un dos de maior lonxitude de Galicia.

O mosteiro tamén garda o Museo de Antón Machourek, cunha colección de 150 obras do artista checo, ademais da obra máis salientábel do pintor galego Pedro García Lema, e varias acuarelas do mercedario Julián Martín Casado.

Audioguía do Mosteiro de San Xoán de Poio

altavozDescargar audioguía do Mosteiro de San Xoan de Poio

Información

Dirección

Plaza Convento, 2
Poio
36995 Pontevedra
Teléfono: 986 77 02 44
Fax: 986 77 84 05

Aceso

Saindo da cidade de Pontevedra en dirección Sanxenxo (carretera C-550) 2 Km kilometro de Poio nos encontramos cun desvio señalizado que nos levará directamente ao Convento, situado a uns 500 metros do cruce

Info útil

Horario:
16 outubro a 30 abril:
Luns a sábado de 10.00 a 13.00 h. e 16.00 a 18.00 h. domingos de 16.00 a 18.00 h.
Festivos pechado.
1 maio a 15 outubro:
Luns a sábado de 10.00 a 13.30 h. e 16.30 a 20.00 h. domingos de 16.00 a 20.00 h.
Festivos pechado.

 

Como chegar ao Mosteiro San Xoan de Poio

Código QR

qr poio mosteiro de san xoan de poio

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.44621492639815
Lng:-8.685022198147635

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°25'53.5"N
Long: 8°42'19.4"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea