Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Mancomunidade Terras de Pontevedra

Información xeral

Enderezo

  • Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
  • 36002 - Pontevedra
  • España

Teléfono

Internet

Cómo chegar

Terras de Pontevedra está estratéxicamente situada e perfectamente comunicada, puidendo chegar cómodamente por carretera, en tren ou en avión.

Por carretera

O núcleo máis importante é Pontevedra, capital de provincia, á que é posible chegar a través de distintos vialis, pola A9, a N-541, a N-550 e a N-552. A estación de autobuses está situada no centro da cidade. Existen conexións regulares coas principais cidades españolas.

Distancias por carretera dende Pontevedra:

A Coruña: 110 Km. Barcelona: 1.195 Km.
Ferrol: 154 Km. Bilbao: 736 Km.
Lugo: 148 Km. Madrid: 614 Km.
Ourense: 100 Km. Sevilla: 903 Km.
Santiago: 56 Km. Valencia: 971 Km.
Vigo: 34 Km. O Porto: 170 Km.

Máis información:
DXT: Dirección Xeral de Tráfico.
www.dgt.es
Estación de autobuses de Pontevedra.
www.autobusespontevedra.com

En tren

Existe unha amplia variedade de conexións entre a cidade de Pontevedra e Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense, así coma con Madrid, Barcelona, León, Irún, Ponferrada, e incluso con Portugal.

Máis información:
RENFE: Red Nacional de Ferrocarriles Españoles.
www.renfe.es

En avión

Ainda que Pontevedra non dispoñe de aeroporto, o aeroporto de Peinador, en Vigo, está situado a 30 Km. da capital; mentras que o de Lavacolla, en Santiago de Compostela, se atopa a 59 Km; e o de Alvedro, en A Coruña, a 110 Km.

Máis información:
AENA: Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea.
www.aena.es

Use o noso servizo de xeoguía

  • Introduza a súa dirección de orixe no formulario inferior separado por comas, indicando rúa, cidade e pais. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
  • Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema de google maps poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.
  • Pulse ao final en obter direccións e o noso servizo devolveralle un itinerario completo de acceso a Casa da Luz con cálculo de tempos.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea