Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 playas ria pontevedra marin
  • 02 playa mogor marin
  • 07 playa accesible
  • 05 playas marin
  • 03 playa santo marin
  • 04 playa samiera poio
  • En Terras de Pontevedra tes praias para elixir. Das espectaculares Praias de Marín ata calas escondidas ou praias fluviais!.
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Terras ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Podes escoller praias familiares, con todos os servizos, ou ben calas e praias pouco concurridas!
  • Invitámoste a gozar das nosas praias, de area branca e fina, e augas acalmadas
  • Ven a praia en Terras de Pontevedra!

Percorrendo as Praias de Poio

Nos 20 quilómetros das costas de Poio podemos atopar praias das máis variadas características; semiurbanas como Xiorto, Campelo ou Sinás, rurais como Laño, ou en contornas forestais como Cabeceira ou Lourido. Todas elas destacan pola calidade das súas augas e servizos, como amostran as sete declaracións de excelencia das súas augas ou as dúsa bandeiras azuis acadadas no 2015.


Para indicar a sua riqueza abonda con dicir que a costa de Poio ten 15 praias: Area da Barca, Cabeceira, Caeiro, Campelo, Canteira, Chancelas, Chancelas Pequena, Covelo, Fonte Maior, Laño, Lourido, Ouriceira, Pinela, Raxó, Sinás, e Xiorto. Xiorto, e Cabeceira acadaron a bandeira azul, e permiten o turismo adaptado.

Xiorto é unha praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, áchase separada da Praia de Raxó por un breve sainte. Orientada cara ao sur e resgardada dos ventos, esta praia é perfecta para recalar nun paseo pola ría de Pontevedra.

Situada nun continuo da Praia de Lourido, tamén é bandeira azul a Praia de Cabeceira, unha praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, situada ás beiras dun bosque de piñeiros, que ofrece augas tranquilas propicias para gozar do baño.

Praia de Lourido

Poio: Praia de Lourido, en San Salvador

Praia, tamén coñecida como a praia da Polvoreira, en forma de media cuncha, de area branca e fina.Está situada nun espacio semi rural no conurbado de Pontevedra e Poio.

Resgardada dos ventos, con augas tranquilas propicias para gozar do baño. A praia marca o bordo no que a ría se estreita, para alcanzar a cidade de Pontevedra.

Seguir lendo

Praia de Campelo

02 praia de campelo

Praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Situada no ámbito semiurbano de Campelo e resgardada dos ventos, a Praia de Campelo é un lugarcon augas tranquilas sempre propicias para gozar do baño.

Seguir lendo

Praia de Chancelas

06 poio praia de chancelas

Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina. Contrastan, no seu ámbito semiurbano, a fachada de costa dominada por conxuntos residenciais e a compacta mancha forestal do lado esquerdo da praia.

Resgardada dos ventos, con augas tranquilas propicias para o baño. Magníficas vistas da mítica illa de Tambo, rochosa e repleta de vexetación. Do seu pasado como fortaleza e lazareto apenas quedan uns muros. Hoxe a illa pertence á xurisdición da Armada.

Seguir lendo

Praia de Sinás

07 poio praia de sinas

Praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, preto do porto de Raxó. Tras o conxunto areento, pola costa sucédense baixos acantilados que á súa vez albergan algunhas pequenas praias.

Seguir lendo

Praia de Xiorto

Poio: Praia de Xiorto

Praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, áchase separada da praia de Raxó por un breve saliente. Orientada cara ao sur, resgardada dos ventos, conta con augas tranquilas propicias para o baño. Zona de fondeo de embarcacións con bloques. Boa para recalar nun paseo pola ría de Pontevedra.

Seguir lendo

Praia de Cabeceira

Poio: Praia de Cabeceira

Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina. Situada en ámbito forestal, é ideal para os amantes da natureza.

Resgardada dos ventos e con augas tranquilas propicias para gozar do baño, dispón dunha fermosa vista dunha lingua de area que, partindo da praia, se interna na ría.

Seguir lendo

Praia de Pinela

Poio: Praia de pinela, en Combarro

Máis concurrida por paseantes que por bañistas, a Praia de Pinela e sen embargo perfectamente apta para o baño. O seu maior encanto, sen embargo, reside nas súas vistas. Con marea baixa é o mellor lugar para fotografar os horreos desde o mar na vila de Combarro.

Seguir lendo

Praia de Laño

Poio: Praia de Laño, en Samieira

Praia en forma de media cuncha, de area dourada fina, máis grosa na beira. Situada nun ámbito rural, nas inmediacións da praia de Samieira.

Orientada cara ao sur, resgardada dos ventos, conta con augas tranquilas. Zona de fondeo de embarcacións. Idónea para recalar nun percorrido pola marxe setentrional da ría de Pontevedra.

Seguir lendo

Praia de Covelo

Poio: Praia de Covelo, en Samieira

Praia en forma de media cuncha, de area dourada e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, cun reducido porto curvo que aqueda as augas.

Resgardada dos ventos, con augas tranquilas idóneas para o baño. Zona de fondeo de embarcacións á áncora e con bloques. Dende ela divísase a frondosa illa de Tambo, outrora fortaleza defensiva da ría de Pontevedra e lazareto, actualmente áchase baixo xurisdición da Armada.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea