Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Pedra do Cervo

pedra do cervo

A Pedra do Cervo é o petróglifo máis significado da estación de “Campo de Cuñas”, que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Nela represéntanse algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho con tres lanzas nas costas.

A historia deste roca é unha das máis singulares dos petróglifos galegos. Durante a Idade do Bronce (1800-800 a.C.) as comunidades locais expresaban en pedra algunhas das súas crenzas e rituais nas que o cervo tiña unha simboloxía asociada ao sol, e aos elementos relacionados coa vida.

Co paso do tempo pedra e cervo perderon o seu significado máxico, e as rochas foron aproveitadas como canteira. Os restos do traballo de cantería ( as “cuñas”, en proceso de retoque...) aparecen espalladas por toda a zona. Pero o curioso neste caso é que o canteiro, que deixou unha inscrición co ano 1850, soubo apreciar os antigos gravados e intentou respectados, convertendo este petróglifo nun dos poucos casos de conservación espontánea de Galicia.

Na roca de “Campo de Cuñas” podemos observar unha escena de caza na que un macho de gran cornamenta, acubilla entre as súas patas a unha pequena cría, mentres é acosado por dous cazadores. Os cazadores xa dispararon as súas lanzas e o animal atópase ferido con tres delas no lombo

Información

Dirección

Campo de Cuñas, Parroquia de Santa Baia
36820 Pontevedra

Aceso

Carretera Ponte Caldelas - A Lama

Info útil

Sinalizado á dereita e a escasos 300 metros da estrada

Como chegar á Pedra do Cervo

Código QR

qr ponte caldelas pedra do cervo

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.409310
Lng: -8.503713

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°24'33.5"N
Long: 8°30'13.4"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea