Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Ponte Caldelas

Arte Rupestre en Ponte Caldelas

 

A parroquia de Tourón, en Ponte Caldelas, ofrece numerosos restos prehistóricos, como son os gravados rupestres de Naval de Martiño, Coto dás Sombriñas, Laxe dás Cruces e Coto dá Siribela.

A Área Arqueolóxica de Tourón é unha boa antesala para coñecer o sentido destes gravados que representan unha gran variedade de motivos que van desde as combinacións xeométricas ata as habituais escenas de caza.

A pouca distancia dos Petróglifos de Tourón, en Ponte Caldelas en dirección A Lama, atópase tamén un interesante panel cunha representación dun cérvido coñecido como Pedra do Cervo no Monte de Cuñas.

 

Centro arqueolóxico de Tourón

centro arqueoloxico de touron

O Centro arqueolóxico do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Nas súas instalacións atoparás información sobre os lugares onde están situados os petroglifos. Tamén poderás contemplar unha exposición sobre a paisaxe e os asentamentos no Neolítico e como realizaban os nosos antepasados as escenas de caza representadas nos gravados rupestres..

Seguir lendo

Pedra do Cervo

pedra do cervo

A Pedra do Cervo é o petróglifo máis significado da estación de “Campo de Cuñas”, que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Nela represéntanse algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho con tres lanzas nas costas.

Seguir lendo

Área arqueolóxica de Tourón

05 area arqueoloxica touron coto sombriñas 01

O concello de Ponte Caldelas presenta numerosos recursos rupestres. Os máis significativos están na parroquia de Tourón onde se atopa un dos complexos de arte rupestre ao aire libre mais singulares do territorio galego, a Área arqueolóxica de Tourón, un recinto de máis de 150.000 metros cadrados que nos permite visitar cinco estacións con gravados nunha ruta de grande beleza paisaxística.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea