Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Arte Rupestre en Poio

O concello de Poio acolle varios conxuntos de petróglifos da Idade do Bronce situados nunha paraxe natural dotada de gran beleza. Tres deles contan coa distinción de Monumento Nacional. Entre os paneis gravados máis espectaculares destacan A Pedra Grande de Montecelo e A Laxe das Lebres, ambas situadas na Área Arqueolóxica da Caeira, un espazo acondicionado para gozar dos petróglifos, que se complementa coa visita ao Centro Arqueolóxico.

Área Arqueolóxica da Caeira

terras poio 0003 caeira axe das lebres 04

A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres situado na Caeira, no lugar de Boa Vista, en Poio. A palabra "caeira" significa ladeira empinada, e nunha destas “caeiras”, a do Monte Tomba, a 150 m de altitude, atopamos máis dunha véntena de gravados e petróglifos. Tres deses conxuntos  teñen a a distinción de Monumento Histórico Artístico: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.

Seguir lendo

Centro Arqueolóxico da Caeira

00 caeira expo

O municipio de Poio acolle varios conxuntos de petróglifos da Idade do Bronce. Da importancia destes gravados rupestres da conta o Centro Arqueolóxico da Caeira, situado no centro á beira da oficina de turismo de San Salvador detrás do coñecido como Casal de Ferreirós.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea