Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Parque Arqueolóxico (PAAR)

terras campo lameiro 0010 09 poboado

Pasear polo Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro é unha verdadeira experiencia para os sentidos. Patrimonio Cultural e paisaxe dánse a man e desvelan a maxia das pedras ao contemplar os principais motivos e escenas plasmados nos gravados rupestres galegos no contexto ambiental que lle da sentido.

 Os petroglifos perduran no tempo, modificando o seu significado. A arte rupestre es un fenómeno que abarca varios milenios de duración, o principal  conxunto de gravados galegos xenerouse durante os milenios III y II A.C, e na Idade de Bronce.

 Centro de Interpretación e Documentación

A visita ao Parque Arqueológico inclúe o acceso a tres espazos diferenciados. A exposición estable, situada no Centro de Interpretación e Documentación, é o lugar onde o visitante reúne a información necesaria para comprender os enigmas escondidos nos petroglifos e descubrir os modos de vida dos nosos antepasados da Idade do Bronce, aproximándose ao seu rico mundo simbólico.
Finalizada a visita á exposición, o visitante inicia un cómodo percorrido  pola área arqueológica anexa, que lle permitirá observar os deseños geométricos e naturalistas propios da arte rupestre galego e observar algún dos petroglifos máis sobresalientes de Galicia mediante un  itinerario  de mais de 3 quilómetros de lonxitude salpicado polas áreas de descanso e fontes e atravesando unha extraordinaria paisaxe cultural caracterizada pola alta densidade de petroglifos

Este conxunto artístico incorporouse recentemente ó patrimonio Cultural Europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, asociación amparada polo Consello de Europa que agrupa practicamente tódolos grandes destinos turísticos europeos baseados na Prehistoria.

O percorrido polo Parque Arqueolóxico


Laxe da Forneiriña

 Nela pódese ver a figura dun gran animal xunto con cervos,  círculos, etc.

 Lat.  42º32'38.99"N Long. 8º31'52.21"O

 

Laxe dos Carballos

terras campo lameiro 0006 02 laxe dos carballos

Esta estación é unha das máis relevantes de Galicia e Europa e ronda os 50 m2 de superficie gravada. Tratase dunha rocha chea de gravados na que destaca a figura do gran cervo, con lanzas cravadas no seu lombo, coma sinal de castigo ou morte,  e unha corda ao pescozo. Ao  lado deste gran motivo central vemos combinacións circulares, alienacións de cazoletas, outros cervos...

 Lat. 42º32'43.57"N Long. 8º31'44.31"O

Outeiro do Cogoludo 1

terras campo lameiro 0007 03 outeiro dos cogoludos 1

Tratase do “outeiro”, un sobresaliente rochoso duns 10 metros de  altura. Na súa ladeira ten gravadas un bo número de figuras, de suco visible, ancho  e profundo. Á dereita pódese ver tres cabalos, con os seus xinetes  agrupados, dispostos verticalmente.

Á esquerda desta escena hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos, moi elaborados con outros elementos coma un ídolo, varios cervos….

Lat. 42º32'45.12"N Long. 8º31'41.60"O

Pena Furada

terras campo lameiro 0009 07 outeiro da pena furada

Como o seu nome indica, a Pena Furada es unha enorme rocha con unha grande cavidade que se asenta sobre outra rocha. A particularidade deste conxunto é que na parte non accesible, gravouse unha pequena combinación circular, e na rocha sobre a que descansa plasmáronse varias cazoletas.

 Lat. 42º32'40.31"N Long. 8º31'3422"O

Moi preto da Pena do Outeiro, nunha pequena depresión do terreo  encontrámonos con varias pedras con gravados de cervos e círculos concéntricos pouco acentuados. Destaca o cervo cornudo ó que representóuselle coa boca e os ollos no mesmo plano. Son os gravados de Fonte da Pena Furada.

Laxe dos Cabalos.

 Nesta Estación hai varias pedras gravadas con figuras e cervos e combinacións circulares. Destaca entre elas a que da nome ao conxunto, xa que está formada por dous cabalos que levan a súa grupa a sendos xinetes. Resulta curioso o dinamismo do gravado xa que representase o movemento dos cabalos coa elevación da cola.

 Lat. 42º32'39.05"N Long. 8º31'32.64"O

Poboado

 A recreacion dun pequeno poboado de fai  uns 4.000 anos pretende asomar ó visitante a vida cotidiana durante a Idade de Bronze e observar, de xeito directo, aspectos coma a organización funcional do poboado, o sistema constructivo e a forma das cabañas, ou as especies que cultivaban e os animas que coidaban os seus habitantes.

 Lat. 42º32'39.4"N Long. 8º31'41.7"W

Labirinto

Ao longo do parque arqueolóxico  encontratmos areas de descanso, fontes, miradores panoramicos e outros elemenotos de consumo amable, coma este labirinto, unha escultura basada no famoso Labirinto de Mogor. O visitante pode entrar nel, e pódese percorrer ata encontrar a saída.

 Lat. 42º32'39.4"N Long. 8º31'41.7"W

Audioguía do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Descargar audiogía do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Información

Dirección

Praderrei s/n.
36119 Pontevedra

Aceso

...

Info útil

Recepción e reservas: +34 986 69 60 66
Visitas guiadas de Martes a Venres baixo reserva.
Sabados e Domingos: 12 y 16 horas.
Para poder consultar a oferta oferta cultural, lúdica e educativa do Parque Arqueológico de Arte Rupestre, abonda con consultar a súa páxina web: www.paar.es

Como Chegar ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro(PAAR)

Código QR

qr campo lameiro parque arqueoloxico paar

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.541873
Lng: -8.530571

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°32'30.7"N
Long: 8°31'50.1"W

Tags: campo lameiro, paar, parque arqueoloxico de campo lameiro, laxe da forneirina, laxe dos carballos, outeiro de cogoludo, arte rupestre

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea