Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Arte Rupestre en Marín

Os Labirintos de Mogor constitúen a mostra máis representativa de petróglifos neste concello. Situados fronte á praia de Mogor, atopamos tamén un pequeno Centro de Interpretación e unha senda que une as tres pedras deste conxunto: A Pedra dos Campiños, A Pedra dos Mouros e a famosa Pedra do Labirinto.

Ademais, existen gravados en Cachada Grande, Carballás, Champás, Chan da Lagoa, Cadro, e Pornedo (San Xulián de Marín), e en Godalleira e Sete Espadas (San Xurxo de Mogor).

Labirintos de Mogor

Propoñemos un bo plan para o visitante: pasar un fermoso día na praia de Mogor, e rematar o día cunha achega aos seu famosos petroglifos, contemplando a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosaPedra do Labirinto baixo a atenta mirada do mar no solpor

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea