Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Labirintos de Mogor

Labirintos de Mogor

Propoñemos un bo plan para o visitante: pasar un fermoso día na praia de Mogor, e rematar o día cunha achega aos seu famosos petroglifos, contemplando a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto baixo a atenta mirada do mar no solpor

Os Labirintos de Mogor constitúen a mostra máis representativa de petróglifos no municipio de Marín. Situados en Mogor, fronte á praia que leva o mesmo nome, atopamos un pequeno centro de interpretación e unha senda que une as tres pedras deste conxunto: a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto, con sete composicións circulares que relacionan as tradicións rupestres atlántica e mediterránea.

Ao pe da estación atopamos un Centro de Interpretación, onde se nos explica a importancia desta manifestación de arte rupestre. Durante o verán o Centro organiza visitas guíadas.

 

 Audioguía dos Petroglifos de Mogor

 

altavozDescargar audioguía dos Petroglifos de Mogor

Información

Dirección

Barrio Perez Crespo, 95
A Barriada, Marín
36911 Pontevedra

Aceso

En bici pola via ciclista. En vehículo pola estrada PO-1303 dende Marín.

Info útil

O centro Arqueolóxico de Mogor ten plataformas de paso para unha mellor visualización dos petroglifos.

Como Chegar aos Labirintos de Mogor

Código QR

qr marin labirintos de mogor

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.385526
Lng: -8.718229

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'07.9"N
Long: 8°43'05.6"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea